lunes, 18 de diciembre de 2017

FESTIVAL NADAL 2017

Coma en anos anteriores invitámosvos ao ensaio xeral do noso festival de nadal de infantil.
Precisamos a seguinte indumentaria tanto para o día 20 coma para o 21 (que será o festival só para alumnos/as):
3 anos.- pixama e gorro de papa noel
4 anos.- roupa de cor escura
5 anos.- roupa de cor escura

Só poderán asistir 1 ou 2 familiares por neno/a xa que o espacio é moi reducido.

Será o mércores 20 de decembro ás seguintes horas:
3 anos.- 12,45
4 anos.- 13,00
5 anos.- 13,15
Pregamos que entren no salón só as familias do curso correspondente. PODERÁN FACELO 5 MINUTOS ANTES DA ACTUACIÓN.

A porta abrirá ás 12,30 (só a de acceso ao comedor na esquerda da fachada principal). Procurade chegar a esa hora para subir ordenadamente e non interromper ás clases de primaria evitando tamén ter que timbrar.

Ao remate da actuación podedes pasar pola aula a recoller aos nenos/as, pero deixade primeiro que baixen eles na fila coas profes!!!

Preparamos unhas sinxelas actuacións con moita ilusión, esperamos que sexan do voso agrado.

Gracias pola vosa colaboración!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!