Como sabedes o venres 27 de xaneiro celebraremos un mercadillo para conseguir fondos para a ONG "Miradas al mundo".
Como moitos de vos sodes novos no cole e moitos aínda non trouxestes o resgardo para o chocolate queremos facervos un pequeno recordatorio:
-Temos que ter unha previsión do chocolate que consumiremos ese día, así que por favor o luns traede o resgardo cumplimentado e 1 euro para o chocolate do nen@. Indicade tamén se vós o ides tomar.
-O luns será o último día para colaborar doando xoguetes/libros/xogos... A cada alumno que colabore se lle asignará un número para participar nun un sorteo ao final da xornada (13:00h aprox)
-Aqueles familias que nos acompañen terán que recoller a seus fill@s e encargarse deles o resto da xornada. As portas de infantil abrirán ás 10:35h.
As mestras só nos faremos cargo dos nen@s que non estean acompañados. Haberá moita xente e temos que estar pendentes dos que están baixo a nosa responsabilidade!
-Unha vez tomado o chocolate e churros comezará o mercadillo. Para poder mercar será necesario que lles deades ese día un sobre/carteira con unha moeda para gastar (hai artículos de 0,50, 1,2,3,4 e 5 euros)
Aqueles nen@s que non traian nada para gastar quedarán cos profes de apoio no edificio de infantil.
-As mestras e alumnos que non estean acompañados entrarán no recinto do mercadillo, farán a súa compra e marcharán para o patio de infantil.
Despois o mercadillo quedará aberto para o resto do alumnado do centro e as súas familias.
-Se terminado o mercadillo queredes que o voso fill@ usuario habitual do comedor quede, teredes que levalo coa súa titora para que se incorpore ao seu grupo de clase.
-O horario de saída do alumnado que quede nas clases será o habitual (13:50h)
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!