domingo, 24 de junio de 2018

DESPEDIDA DUNHA NOVA PROMOCIÓN

Cada ano rematan o seu paso por educación infantil 2 grupos de nenos e nenas de 5 anos (A e B).
É un novo paso no seu desenvolvemento e o comezo dunha nova etapa na educación primaria.
As súas titotas (Carmen e Rosa) e tod@s @s profes que compoñemos o equipo de infantil desexámosvos o mellor nese camiño e sabede que sempre estaremos aquí para o que precisedes.

PROMOCIÓN 2015/2018 A


PROMOCIÓN 2015/2018 B


PARABÉNS A TOD@S POR TER SUPERADO O CICLO DE EDUCACIÓN INFANTIL!


AVISO PARA OS DE 5 ANOS A: ENTREGARÁNSEVOS OS LIBROS DE INGLÉS NO MES DE SETEMBRO, Á VOLTA DAS VACACIÓNS, XA QUE QUEDARON NA AULA, desculpade!

viernes, 22 de junio de 2018

REUNIÓN NOVOS ALUMN@S

O VINDEIRO LUNS 25 DE XUÑO ÁS 10 NA BIBLIOTECA TEREMOS A REUNIÓN COAS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS QUE SOLICITARON MATRÍCULA E FORON  ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO NO 4º NIVEL DE EDUCACIÓN INFANTIL

Pregamos, na medida do posible, que acudades sen eles. Trátase dunha reunión informativa de carácter xeral de cara ao curso que comenzará en setembro. Haberá unha segunda reunión a principios de setembro, xa de carácter máis específico, coa titora correspondente.


jueves, 21 de junio de 2018

FIN DO CURSO

Un ano máis o noso patio encheuse de cores nunha mañá tan especial coma a de hoxe, derradeira do curso 2017/2018.
Foi unha mañá intensa e chea de emocións: moitas risas e algunha que outra lagrimiña tamén. Comezamos cunha sesión de malabares que nos fixo rir e asombrarnos a cargo do mago Trasno. Continuamos nas aulas degustando unha morea de lambetadas e bailando ao ritmo da música. Xa no patio tivemos diversos xogos e actividades: pintado con xiz de cores, pompas de xabón, maquillaxes, construccións con caixas de cartón, o noso hinchable de mar de plástico, paracaídas, mantas, ...un non parar! Mirade:

















FELIZ VERÁN PARA TOD@S AS FAMILIAS DE PARTE DE TOD@S @S PROFES!!!!

miércoles, 20 de junio de 2018

CONTOS CON MIMO EN 3 ANOS

Chegados xa á última semana de clase, rematamos  Contos con mimo  coa visita de Rebeca, nai de Valeria de 3 anos B. 
Esta vez tivemos a sorte de escoitar 3 contos: "O Grúfalo", "A vaca que puxo un ovo" e "Anton si tal". 
Como sempre que temos visita, os nen@s estiveron moi atentos e disfrutaron moito.




Moitas grazas pola vosa colaboración!!

martes, 19 de junio de 2018

REMATAMOS CONTOS CON MIMO EN 4 ANOS

A piques de rematar o curso tivemos os últimos contacontos a conta dos pais e nais dos nenos e nenas de 4 anos.
Primeiro foi o turno de dous pais de 4 anos A.
O pai de Ibai trouxo o conto de "Ratoncito Pérez" xa que moitos dos nenos recibirán pronto a súa visita. Despois leu "Un gato na árbore", conto da biblioteca que xa coñecemos pero que gusta moitísimo.








O pai de Martín trouxo dous contos pero foi sobre todo "Mi papá es el mejor padre del mundo" o que máis gustou a tod@s.

 
Finalemente foi a nai de Xoel de 4  anos B quen nos visitou e leu os seus contos favoritos: ¡Miradme a los ojos! e un clásico que ano tras ano segue a facer as delicias dos pequenos, "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza"











Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración, fixo moi felices aos vosos fillos e fillas!

domingo, 17 de junio de 2018

CAMIÑO ESCOLAR SEGURO

Mañá os de 5 anos temos prevista a actividade aprazada anteriormente sobre educación vial organizada polo concello en colaboración coa policía local.

ENGLISH PICNIC

As profes de ingéls Isa e Cloti despiden aos nenos e nenas que pasarán a primaria o vindeiro curso con un picnic do máis san e saboroso: unhas brochetas de froitas con chocolate que o mal tempo impediu degustar no campiño. Pero o noso patio interior foi un lugar axeitado para compartilas.

BANANAS, STRAWBWRRIES AND APPLES ...DELICIOUS!!!!





jueves, 14 de junio de 2018

ÚLTIMOS CUMPLES DO CURSO!!

O curso está a piques de rematar e nas clases dos Cabaliños e as Xirafiñas xa o estamos a celebrar, empezando polos aniversarios dos nosos compis: Gala, Vera, Thiago, Ainhoa, Valeria, Paula, Valentina y Diego.

Como sempre, o pasamos fenomenal na festa e puxémonos coma "pepes" coas larpeiradas que trouxeron as súas familias!!


Moitas grazas a todos pola vosa colaboración na festa!!

lunes, 11 de junio de 2018

QUE SERÁ...??

Precisamos que cada neno traiga ao cole unha caixa de zapatos para facer unha actividade nestos ultimos días de cole.


Que poderemos facer con elas??

domingo, 10 de junio de 2018

ARTISTAS

Lembrade que o luns 11 pola tarde podedes vir a disfrutar dunha exposición de pinturas no cole.
Os cadros están expostos no edificio de Primaria.
Resultado de imagen de dibujo de niños pintores
Os de 3 traballaron con Peteiro  e os de 5 anos con Picasso e Maruja Mallo. As súas obras están expostas nos taboleiros ao lado da Biblioteca (3 anos) e ao lado de administración (5 anos).


Os debuxos de 4 anos están  no segundo andar xunto aos dos compañeiros de 5º de primaria xa que os dous cursos traballamos o mesmo autor, Caruncho. Deste xeito poderemos ver como perciben e se expresan os nenos de 4-5 anos e os de 10-11 anos tendo como inspiración obras do mesmo autor.

Esperamos que disfrutedes da visita!

sábado, 9 de junio de 2018

CONTOS CON MIMO EN 4 ANOS

Esta semana tivemos a sorte de contar con dúas visitas á biblioteca.
Primeiro foi a nai de Jairo de 4 anos A quen nos leu dous contos que nos gustaron moito, especialmente o de Noddy que andaba á procura dun tesouro.



Despois contamos co pai de Paula de 4 anos B. Leu o conto de Caillou quere ser como papá e Mariluz Avestruz, que ainda sendo coñecido por tod@s, seguiron moi atentos ata o final.


Moitas grazas aos dous por compartir o voso tempo con nós!!

SUSPENDIDA EXCURSIÓN FIN DE CURSO



Ante as previsións meteorolóxicas para estes días decidimos suspender a excursión prevista xa que o lugar elixido non reunía as condicións axeitadas.
Tampouco hai posibilidade de cambio de data.

Lamentamos as molestias ocasionadas e esperamos poder desfrutar, alomenos, dunha xornada festiva o derradeiro día do curso (21 de xuño).