jueves, 21 de junio de 2018

FIN DO CURSO

Un ano máis o noso patio encheuse de cores nunha mañá tan especial coma a de hoxe, derradeira do curso 2017/2018.
Foi unha mañá intensa e chea de emocións: moitas risas e algunha que outra lagrimiña tamén. Comezamos cunha sesión de malabares que nos fixo rir e asombrarnos a cargo do mago Trasno. Continuamos nas aulas degustando unha morea de lambetadas e bailando ao ritmo da música. Xa no patio tivemos diversos xogos e actividades: pintado con xiz de cores, pompas de xabón, maquillaxes, construccións con caixas de cartón, o noso hinchable de mar de plástico, paracaídas, mantas, ...un non parar! Mirade:

















FELIZ VERÁN PARA TOD@S AS FAMILIAS DE PARTE DE TOD@S @S PROFES!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!