martes, 30 de octubre de 2018

REDUCINDO RUÍDO AMBIENTAL

Este curso estamos moi concienciados coa contaminación acústica xa que, como xa saberedes, estamos a traballar o tema do SON.

Un ruído molesto nas aulas é o que producen as cadeiras ao arrastarense. Aínda que soemos ter moito coidado estamos a utilizar unha solución que ademais queda moi vistosa, vedes?


3 anos A
3 anos B
4 anos A

4 anos B

5 anos A
5 anos B

AULA DE INFORMÁTICA

Os de 4 e 5 anos xa estamos a facer actividades diversas nas clases de informática: familiarización co ordenador, xogos educativos, iniciación á programación co noso escornabot, ... aprendemos divertíndonos!
Os de 3 comezaremos máis adiante ...


HALLOWEEN AT SCHOOL

PUMPKINS AND SKELETONS
Estamos a practicar vocabulario de Halloween elaborando manualidades, vendo vídeos e facendo
xogos.

3 anos

3 anos
4 anos
4 anos
5 anos

domingo, 28 de octubre de 2018

RECICLANDO CON ARTE

Arte é o que puxeron os nenos e nenas de 3 anos facendo un pequeno mural utilizando envases baleiros de desodorante en roll on, recheos de pintura de varias cores,  coma se foran pinceis.

O resultado podedes velo na parede do corredor da aula.

jueves, 25 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997, cada 24 de Outubro conmemórase o día das Bibliotecas.

A proposta xorde da "Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil" apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico.

No cole, para conmemoralo, enchemos a nosa biblio de historias da man duns contacontos moi especiais: os compis maiores do cole!!

Eles prepararon para nós tres historias moi sonoras, xa que este ano o proxecto do centro ten que ver co Son.

Foi unha experiencia estupenda poder compartir este ratiño de contos sonoros cos nosos compis maiores!!!
Moitas grazas compañeiros!!

TEMPO DE OUTONO

Estamos a ver moitos cambios no noso entorno, nas rúas, nos parques, no campo, .... e a descobrir que é o que acontece: chegou o outono!

Aprendemos poemas, cancións, facemos traballos, traemos cousas ao cole e divertímonos con un montón de actividades.

martes, 23 de octubre de 2018

PREPARANDO O MAGOSTO 2018

Este ano celebraremos o magosto o vindeiro día 31 de outubro. Precisamos de cada familia unhas poucas castañas xa muxicadas (con un corte para que non estoupen).

Ese día traerán da casa un "castañeiro" para colgar do pescozo e ter as mans libres para poder pelalas e comelas a xeito.

Deixámosvos aquí un modelo de como facelo con bricks de leite:



Ademais de comer castañas cantaremos polas aulas e bailaremos ao fin da xornada unha muiñeira todo o cole xunto... en infantil xa estamos a ensaiar!!

CHEGA SAMAÍN...

Vaia sorpresa levamos esta mañá ao chegar ao cole! Estaba un pouco diferente a coma o deixaramos onte: arañas e telarañas, morcegos, bruxas e fantasmas ....que acontece? pois que estamos a prepararnos para celebrar SAMAÍN.

HALLOWEEN is coming!






A partires de mañá podedes traer as vosas cabazas decoradas na casa a modo de instrumentos musicais para encher os nosos corredores. 
Lembrade recollelas o vindeiro venres!!

PROFES EN PRÁCTICAS

Xa teredes escoitado falar de moitos "profes" que igual non vos soaban moito ... temos 4 estudantes do Grao de Infantil facendo as prácticas connosco: Laura está con Cloti en 3 anos B, Pablo na clase de 3 anos A con Estrella, Mari con Ana na clase de 4 anos B e Sergio en 5 anos B con Mila.



Aproveitando a temática do Samaín, en 4 anos prepararon un cemiterio de libros misteriosos que nos van acompañar ao longo desta semana ... un para cada día ... esperamos que gusten!!



domingo, 14 de octubre de 2018

O CORPO HUMANO

Hai uns días chegou a 5 anos un libro que falaba do aparato dixestivo que  levou a preguntarnos como funciona o noso corpo e decidimos que queriamos saber máis cousas: como falamos, como vemos, como funciona o cerebro, por que latexa o corazón...
A nota que escribimos ás familias fixo que as clases estean cheas de materiais diversos sobre o tema.  Ademáis contamos coa presenza inesperada dun esquelete a tamaño natural e pezas de anatomía que nos permiten expolar o corpo por dentro.

Estamos aprendendo un montón!!!