jueves, 25 de octubre de 2018

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Dende 1997, cada 24 de Outubro conmemórase o día das Bibliotecas.

A proposta xorde da "Asociación Española de Amigos del Libro Infantil y Juvenil" apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrucción da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflicto balcánico.

No cole, para conmemoralo, enchemos a nosa biblio de historias da man duns contacontos moi especiais: os compis maiores do cole!!

Eles prepararon para nós tres historias moi sonoras, xa que este ano o proxecto do centro ten que ver co Son.

Foi unha experiencia estupenda poder compartir este ratiño de contos sonoros cos nosos compis maiores!!!
Moitas grazas compañeiros!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!