viernes, 12 de octubre de 2018

DE VIAXE CON CRIS

Os proxectos xurden nas aulas sempre a partires dos intereses dos peques, por algunha pregunta que plantexan na clase, algo que atopan, un conto que lemos... ou unha visita inesperada!!

Esta semana na clase das Xirafiñas recibimos a visita de Cris, a Mamá de Mateo Pazos, que acaba de regresar dunha viaxe de traballo.

Trouxo un montón de material para explicarnos onde estivera: mapa mundi, bola do mundo, paneis informativos de Japón, China e Tailandia, contos e Peppa Pig en chino, e ata uns bolis de agasaio cun panda que, tal e como explicounos Cris, é un dos símbolos de China!

Tamén ensinounos 2 palabras moi importantes: "Hola" e "Gracias" en varios idiomas, japonés, chinés e tailandés, aínda que o tailandés resístesenos un pouco...




Ao longo do curso iremos viaxando na maleta de Cris e iremos aprendendo moitas cousas interesantes sobre os lugares que ela visita.

Estamos desexando que o carteiro traiga a primeira postal!! (Tamén para entender un pouco mellor que é iso dunha postal...)

Moitas grazas Cris pola visita e por todo o material que temos para empezar a viaxar por Asia, alá vamos!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!