Profe Mary, Profe Laura, Profe Pablo e Profe Sergio ímosvos botar moito de menos!!
jueves, 27 de diciembre de 2018
DESPEDIMOS AOS NOSOS PROFES EN PRÁCTICAS
O final do trimestre xa chegou e, ainda que o Nadal e as vacacións póñennos moi contentos, botamos algunha bágoa despedíndonos dos nosos profes en prácticas.
ENTREGA PREMIOS CABAZAS 2018
VISITOUNOS PAPÁ NOEL
miércoles, 26 de diciembre de 2018
CABALIÑOS E XIRAFIÑAS LISTAS PARA ACTUAR!
lunes, 24 de diciembre de 2018
BO NADAL
Todo o equipo de Educación Infantil queremos desexarvos unhas festas estupendas e un ano 2019 cheo de bos momentos!!
Bo Nadal!!!
Bo Nadal!!!
domingo, 23 de diciembre de 2018
TRABALLOS DE NADAL
Durante estas últimas semanas estivemos traballando moito para que o noso cole tivera un aspecto ben festivo, acorde as datas de Nadal.
Estrelas, campás, árbores, botas... todo tipo de adornos que fixemos con moito traballiño e cos que o pasamos moi ben!!
Aquí tedes unha pequena mostra:
Estrelas, campás, árbores, botas... todo tipo de adornos que fixemos con moito traballiño e cos que o pasamos moi ben!!
Aquí tedes unha pequena mostra:
jueves, 20 de diciembre de 2018
ENSAIO FINAL PARA FAMILIAS
Como xa vos informamos, hoxe faremos o derradeiro ensaio das nosas actuacións antes do festival navideño que celebraremos mañá no cole. Estades invitados a velo pero lembrade que o espacio é moi reducido.
Só permitiremos o paso ás familias (2 membros) correspondentes a cada nivel:
3 anos ás 12:45
4 anos ás 13:00
5 anos ás 13:15
Procurade entrar e subir en silencio para non entorpecer aos cursos de primaria.
Desfrutade das actuacións e non esteades pendentes das gravacións, en breve teremos á vosa disposición os vídeos para que podades velos. Lembrade ademais que non todos os alumnos teñen autorización para o uso da imaxe ou a súa distribución e o colexio non permite a toma das súas imaxes dentro do recinto escolar.
Graciñas a tod@s pola colaboración! Agardamos que vos guste o que prepararon con tanta ilusión!
lunes, 17 de diciembre de 2018
OS ANIVERSARIOS DE DECEMBRO
jueves, 13 de diciembre de 2018
O UNIVERSO
Nas aulas de 5 anos estamos a aprender un montón de cousas sobre o Universo.
Temos moitos libros e materiais diversos aportados polas familias e polo cole. Estos son algúns dos videos que vimos e dos que aprendimos moito.
El sistema solar
La Tierra y sus movimientos
El origen del universo
Los eclipses
Constelaciones
Los plantetas (canción)
En poucos días teredes na casa todos os traballos que os nenos e nenas están a facer con moito esforzo e ilusión.
Esperamos que vos gusten.
A Terra, o noso planeta e a rotación. |
O sistema solar. Movemento de traslación e eclipses. |
Fases da Lúa. |
Estrelas e cometas. |
Dibuxando constelacións. |
martes, 11 de diciembre de 2018
EMPEZARON OS "CONTOS NA LAREIRA"
En 3 anos, "A" e "B", empezamos xa a contar "na lareira". Inaugurou a actividade María, nai de Breogán da aula de 3 anos B.
Entre os dous, nai e fillo, nos agasallaron co conto "O COELLIÑO BRANCO" ( Kalandraka) e non tedes máis que mirar as caras dos nenos e nenas para comprobar o que nos gustou a todos.
Grazas por compartir esta actividade con todos nós.
Etiquetas:
animación á lectura,
Contos na lareira
miércoles, 5 de diciembre de 2018
DÍA NON LECTIVO
LEMBRAMOS QUE O VINDEIRO VENRES DÍA 7 DE DECEMBRO NON HAI CLASE XA QUE É O DÍA QUE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN DESIGNA COMA DÍA DO ENSINO.
VÉMONOS Á VOLTA DESTES DÍAS, O LUNS 10.
VÉMONOS Á VOLTA DESTES DÍAS, O LUNS 10.
ERRO NA NOTA INFORMATIVA
Onte os nenos e nenas levaron a casa unha nota informando dos días das actuacións, como teñen que vir vestidos cada grupo, a merendola de nadal...
Tamén ía unha autorización para poder recoller aos peques ao acabar a súa actuación, despois de pasar pola aula.
Nesa autorización a data é errónea. Pon o día 21, cando o festival para as familias é o día 20.
Podedes cambialo ao firmar a autorización.
Desculpade o erro. Moitas grazas!!

lunes, 3 de diciembre de 2018
BAIXO O MESMO PARAUGAS!!
Hoxe, 3 de decembro, conmemórase o Día das persoas con discapacidade e na clase das Xirafiñas a profe Mary achegounos a esa realidade.
Durante a asamblea falamos sobre o que é a discapacidade, palabra que a algún soáballe das noticias, a outros lles parecía que podía ser estar malito, e outros comentaban que eran as persoas que non andaban ben...
Entre todos tratamos de achegarnos ao que significa ter unha discapacidade e puxémos varios exemplos, para despois poñernos na pel destas persoas.
Falamos de como nos gustaría que nos trataran e puxemos varios exemplos gráficos sobre o que sería a exclusión, a segregación, a integración e a inclusión. Chegamos a conclusión de que o modelo que máis nos gustaba era o da inclusión, así que rompimos os demais!
Para rematar, pensamos que é o que nos fai a nós especiais, diferentes, únicos... e o escribimos nunha etiqueta que colgamos do noso paraugas, que tamén decoramos, desta maneira queremos simbolizar a idea do modelo inclusivo do que falamos antes, co lema "Baixo o mesmo paraugas!"

Suscribirse a:
Entradas (Atom)