Hoxe, 3 de decembro, conmemórase o Día das persoas con discapacidade e na clase das Xirafiñas a profe Mary achegounos a esa realidade.
Durante a asamblea falamos sobre o que é a discapacidade, palabra que a algún soáballe das noticias, a outros lles parecía que podía ser estar malito, e outros comentaban que eran as persoas que non andaban ben...
Entre todos tratamos de achegarnos ao que significa ter unha discapacidade e puxémos varios exemplos, para despois poñernos na pel destas persoas.
Falamos de como nos gustaría que nos trataran e puxemos varios exemplos gráficos sobre o que sería a exclusión, a segregación, a integración e a inclusión. Chegamos a conclusión de que o modelo que máis nos gustaba era o da inclusión, así que rompimos os demais!
Para rematar, pensamos que é o que nos fai a nós especiais, diferentes, únicos... e o escribimos nunha etiqueta que colgamos do noso paraugas, que tamén decoramos, desta maneira queremos simbolizar a idea do modelo inclusivo do que falamos antes, co lema "Baixo o mesmo paraugas!"
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!