jueves, 20 de diciembre de 2018

ENSAIO FINAL PARA FAMILIAS

 Como xa vos informamos, hoxe faremos o derradeiro ensaio das nosas actuacións antes do festival navideño que celebraremos mañá no cole. Estades invitados a velo pero lembrade que o espacio é moi reducido.
 Só permitiremos o paso ás familias (2 membros) correspondentes a cada nivel:
3 anos ás 12:45
4 anos ás 13:00
5 anos ás 13:15
Procurade entrar e subir en silencio para non entorpecer aos cursos de primaria.

Desfrutade das actuacións e non esteades pendentes das gravacións, en breve teremos á vosa disposición os vídeos para que podades velos. Lembrade ademais que non todos os alumnos teñen autorización para o uso da imaxe ou a súa distribución e o colexio non permite a toma das súas imaxes dentro do recinto escolar.

Graciñas a tod@s pola colaboración! Agardamos que vos guste o que prepararon con tanta ilusión!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!