jueves, 12 de diciembre de 2019

FESTIVAL DE NADAL

Un ano máis ao chegar estas datas imos celebrar un festival no noso cole. Será o venres día 20 só para alumnos/as do centro. As familias de educación infantil estades invitadas ao ensaio xeral que realizaremos o xoves día 19. Respetade os horarios do nivel correspondente.
 Hoxe levaron as circulares correspondentes, ainda que hai un erro: a autorización para levar antes do remate da xornada aos alumn@s é para o día 19, ao finalizar o ensaio poderedes baixar ás aulas e alí recoller aos vos@s fill@s (NON PARA O DÍA 20 COMO DÍ A NOTA). Desculpade.

Precisamos para a caracterización na actuación:
3 anos.- camiseta branca de adulto, gorro e bufanda
4 anos A.- da cor correspondente (azul-chuvia, branco-neve, negro-formigas, verde-cigarra)
4 anos B.- pantalón escuro e camiseta branca
5 anos.- roupa de festa tipo fin de ano

ASIMESMO, TEDE EN CONTA A NOTA ENVIADA DENDE A DIRECCIÓN DO CENTRO:


Por outra banda, lembrade que o venres faremos festas nas aulas polo que pedimos que a merenda sexa  con comida típica para compartir entre tod@s.



domingo, 24 de noviembre de 2019

FACEMOS MADALENAS

A profe en prácticas Rocío quixo celebrar o seu cumple cos nenos e nenas da clase de 4 anos A facendo madalenas: observando ingredientes, remexendo, decorando, forneando e, por suposto, degustando.

Foi unha experiencia estupenda!

Graciñas Rocío! 
...e parabéns!!



lunes, 18 de noviembre de 2019

CONTOS PARA EMOCIONAR

O pasado venres as nenas e nenos de 4 anos e hoxe os de 5 anos comezamos os talleres de "Contos para emocionar", dentro do programa do Concello "A Coruña Educa", relacionado coa educación sexual para peques.

Deixámosvos uns apuntes que dende o Concello queren compartir con vos para que saibades qué, cómo e cando imos a traballar:



 PROGRAMA EDUCATIVO
A educación afectiva, emocional e sexual das crianzas é fundamental por influír positivamente na calidade da vida, na adquisición de hábitos básicos de saúde, no benestar, na vivencia do pracer sexual, na consecución da felicidade e en último termo, na loita contra a violencia machista. Este programa educativo comprende unha serie de “Contos Dramatizados” e de actividades, cas que se traballa a construción da sexualidade e dos vínculos afectivos desde o respecto, a autoestima e a liberdade desde unha perspectiva de xénero.

CONTIDOS OBXECTIVOS 
Este obradoiro consta de 5 sesións con 5 contidos diferentes traballados en 5 contos co cada un dos contidos:
  1. A construción da identidade de xénero.  Estimular a aceptación e o respecto ás diferenzas entre as persoas.  Facilitar que o grupo vaia descubrindo as diferentes identidades de xénero e que estas non están determinadas polos caracteres corporais, sexuais, psicolóxicos ou sociais, senón pola propia vivencia de sentirse nena ou neno. 
  2.  Os vínculos afectivos e as relacións coas outras persoas.  Desenvolver a capacidade de identificar as calidades dos vínculos afectivos que abrangue o amor e a percepción subxectiva de sentirse queridas e queridos. 
  3. As distintas orientacións sexuais e opcións de convivencia.  Facilitar que o grupo interiorice como saudables as diferentes orientacións sexuais e os diferentes tipos de convivencia.  
  4. Os roles de xénero.  Explorar a actitude do grupo cara aos roles de xénero e promover a súa flexibilidade mediante a experimentación e o xogo. 
  5.  Os abusos sexuais. Previr os abusos sexuais na infancia Abordar con nenas e nenos o difícil tema do contacto físico non desexado, insistindo na posibilidade de dicir NON. 
METODOLOXÍA E DURACIÓN 
Cada contido traballarase cun conto dramatizado e posteriormente cunha serie de actividades complementarias, estas últimas a cargo do profesorado de cada aula. As nenas e os nenos serán protagonistas do proceso de aprendizaxe mediante a participación activa, con dinámicas de traballo que estarán baseadas en xogos, representacións, vivenzas ....

CASTAÑAS DO MAGOSTO

O pasado luns o cole cheiraba a fume porque celebrabamos a tradicional festa do Magosto.

Tivemos tempo para probar as castañas asadas, xogar, bailar, pintarnos... e pasalo moi ben!!

Moitas grazas a todos por axudar a que, un ano máis, a festa saíra tan ben!

lunes, 11 de noviembre de 2019

HOXE CELEBRAMOS O SAMAÍN, QUE NOUTRO SITIO LLE CHAMAN HALLOWEEN!!

A pasada semana celebramos no cole a festa do Samaín.

A temática de este ano era INVENTORAS, INVENTORES E OS INVENTOS, que será o proxecto de investigación do centro para este ano.

O tema non era doado pero de novo os peques e as familias deixaronnos moi impresionados, de seguro que a partir de todos estes persoeiros e inventos imos aprender un montón!!

Moitas grazas a todos pola vosa colaboración!!

     

martes, 5 de noviembre de 2019

PREPARÁNDONNOS PARA UNHA NOVA FESTA: O MAGOSTO 2019

Este ano celebraremos o magosto o vindeiro día luns 11 de novembro, Día de San Martiño.

Precisamos de cada familia unhas poucas castañas xa muxicadas (con un corte para que non estoupen cando se asen). Podedes traelas a partires do xoves

Ese día traerán da casa un "castañeiro" para colgar do pescozo e ter as mans libres para poder pelalas e comelas a xeito. Podedes decoralo como máis vos guste!

Deixámosvos aquí un modelo de como facelo con bricks de leite:

   

lunes, 28 de octubre de 2019

SOPRANDO CANDEAS!!

Rematamos a semana pasada con festa nas clases de Cabaliños e Xirafiñas porque celebramos os aniversarios dos peques que cumpliron 5 anos durante o mes de Outubro.




Moitos parabéns pequerrechos, e moitas grazas as familias pola vosa colaboración na festa!!!

jueves, 24 de octubre de 2019

VISITA AO ACUARIO

O martes os nenos e nenas de 4 anos, A e B fomos de visita ao AQUARIUM FINISTERRAE.
Alí as monitoras fixéronnos un percorrido polas distintas salas contándonos moitas cousas curiosas dos diferentes habitantes do acuario.
Foi unha visita moi proveitosa nun día precioso de sol.
Por certo, superamos o reto de atopar ao PEIXE SERRA DE DÚAS COLAS de JORGE PETEIRO!



viernes, 18 de octubre de 2019

A INVESTIGAR!

Nas aulas de Cabaliños e Xirafiñas, de 5 anos, temos novo proxecto de investigación:





A través desta actividade tan sinxela descobrimos a primeira pista sobre o que podía tratar a nosa próxima investigación...

A partires de ahí fixemos un xogo de palabras segredas que levounos a atopar "CORAZÓN", "CRANIO" e "ESTÓMAGO".

Xa tiñamos moitas pistas... vos xa sabedes o tema??

Estamos moi ilusionados e xa temos moito material para preparar o noso recuncho de investigación pero estamos deseando ver que máis cousas podemos traer ao cole para aprender moito sobre o noso corpo: libros, bonecos, radiografías, xogos... todo o que se vos ocurra!!

Moitas grazas pola vosa colaboración familias!!

SAMAÍN 2019


Un ano máis conmemoraremos o samaín no noso cole coa aportación das familias de cabazas decoradas.

Este ano o tema a traballar son os inventores e as inventoras, inventos en xeral. Sabemos que é un pouco complicado pero ...a botarlle imaxinación!

O máis importante é que os alumn@s sexan protagonistas e que se trate de un bo momento en familia.

(Tedes máis información sobre a elaboración no apartado SAMAÍN desde blog)

PLURILINGÜÍSMO

Este curso comenzamos un proxecto plurilingüe no noso cole. Implántase no primeiro curso de infantil e no primeiro curso de primaria e a partires de ahí progresivamente cada curso escolar.
Supón un aumento de horas lectivas impartidas en inglés e, ademais, contar con unha persoa nativa (neste caso, Lauren) que acompaña ás profes nalguna sesión.
Agardamos que todo isto redunde nunha mellora na competencia lingüística d@s nos@s nen@s.


viernes, 11 de octubre de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Comezamos hoxe unha actividade proposta polo equipo de biblioteca do cole: AS MOCHILAS VIAXEIRAS. 
Cada venres un nen@ de cada clase levará unha mochila en préstamo na que se atopan algúns dos exemplares que temos dispoñibles na nosa biblioteca. Son contos e dvds adecuados ás idades dos alumn@s. 
Tamén vai incluido un caderniño no que cada alumn@ ten unha páxina reservada para plasmar algo referido á historia que máis lle gustou.
Teremos coidado no trato dos exemplares e devolverase antes do xoves da semana seguinte (para que así o venres outro nen@ poda levala).
É fundamental que sexa unha actividade para compartir en familia cos vos@s fill@s, transmitindo valores positivos cara á lectura. Agardamos que sexa do voso agrado.

3 anos

4 anos
5 anos


miércoles, 9 de octubre de 2019

LIBROS DE MATE NAS AULAS DE 4º INFANTIL

Os libros pedidos no listado de material na edición galega están a ter problemas de stocaxe, segundo nos comenta a editorial. Polo tanto, xa que queremos comezar a usalos, pedimos ás familias que non os teñan comprado, que compren a edición en castelán, xa que os contidos son os mesmos:

MATEMÁTICAS ACTIVAS 3 AÑOS, editorial SM
ISBN 9788467592269


miércoles, 2 de octubre de 2019

PERÍODO DE ADAPTACIÓN

Aínda cae algunha lagrimiña ao entrar e a algúns se lles fai un pouco longa a xornada, pero podemos dicir que o período de adaptación dos alumn@s de 3 anos está superado! Xa temos feitas un montón de actividades, vivido unha morea de experiencias, coñecido a moitos profes e visitado moitos dos espacios do cole. Aquí vai unha pequena mostra:
3 anos A

3 anos B


FOTOS NA NATUREZA

Dende o equipo de natureza do cole pídennos colaboración para facer una exposición de fotos na entrada con fotos dos nen@s rodeados de un espazo natural (campo, xardín, praia, ...). Que veñan co nome e o curso do alumn@ así coma o nome do lugar que é. Tamaño máximo medio folio (A5), por favor.
Graciñas de antemán!

lunes, 30 de septiembre de 2019

PROFES EN PRÁCTICAS

Seguro que moitos de vós tedes escoltado falar de Sabela, Javier ou Rocío. Son os alumn@s en prácticas do Grao da Universidade que pasarán un tempo nas nosas aulas de 3 anos A (Sábela), 3 anos B (Javier) e 4 anos A (Rocío) e tamén nos nosos patios.
Agardamos enriquecernos mutuamente.

sábado, 28 de septiembre de 2019

SOPRAMOS VELIÑAS

Comenzamos un novo curso, e como xa é tradición nas clases de Cabaliños e Xirafiñas, sopramos xuntos as veliñas dos amigos que ao longo do mes de agosto e setembro cumpliron xa 5 aniños!!




Moitos parabéns para Rubén, Clara, Paula, Maia e Nahuel da clase dos Cabaliños e Yoel e Mateo da clase das Xirafiñas!!

E coma sempre, moitas grazas a todas a familias por colaborar con nós!

viernes, 27 de septiembre de 2019

CANDO TEMOS PSICO?

Os compis de 3 anos están xa moi ben no cole así que pouco a pouco todos recuperamos a normalidade nos horarios así que recordade cando temos psico para vir ben cómodos e cómodas: 

3 anos A.- xoves
3 anos B.- venres
4 anos A.- mércores
4 anos B.- martes
5 anos A.- luns
5 anos B.- xoves



miércoles, 11 de septiembre de 2019

PERIODO DE ADAPTACIÓN EN 3 ANOS

PARA INICIAR A VIDA ESCOLAR NO NOSO COLE TEMOS O SEGUINTE CALENDARIO:
  • días 11, 12 e 13 de setembro en dous grupos (1º turno de 9:00 a 11:00 e 2º turno de 12:00 a 13:50)
  • semana de 16 ao 20 de setembro todos de 9:00 a 12:30
  • a partir do 23 de setembro en horario completo de 9:00 a 13:50
PARA O RESTO DOS CURSOS O HORARIO É O HABITUAL, XA DESDE O 11 DE SETEMBRO

FELIZ INICIO DE CURSO 2019/2020


martes, 3 de septiembre de 2019

BENVID@S AO CURSO 2019/2020

LEMBRAMOS QUE AS REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO SERÁN O VINDEIRO XOVES DÍA 5 ÁS 10 DA MAÑÁ
TERÁN LUGAR COAS TITORAS NAS AULAS CORRESPONDENTES
PREGAMOS QUE VEÑADES SEN OS CATIVOS, NA MEDIDA DO POSIBLE

lunes, 1 de julio de 2019

FESTA FIN DE CURSO

DERRADEIRO DÍA DO CURSO 2018/2019. FESTA!
Unha xornada do máis variada e divertida. Actuacións dos compis de primaria no salón, festas nas aulas, xogos e maquillaxes no patio .... para todos os gustos.

Vémonos en setembro con enerxías renovadas, feliz verán a todas as familias.




CERAS DE CORES


Unha das derradeiras actividades que fixemos este curso foi a de reciclar ceras vellas, pequerrechas, para facer novas multicor con forma de estrela. 
Encantounos ver como, meténdoas no forno ao derreterse, parecía maxia.




jueves, 20 de junio de 2019

CELEBRAMOS DERRADEIROS ANIVERSARIOS DE ESTE CURSO

A pasada semana nas clases de 4 anos tivemos festas porque celebramos os aniversarios dos compis que cumpliron 5 aniños no mes de xuño ou que o farán no próximo mes de xullo.

Así que Gala, Vera, Thiago, Ainhoa, Antón, Diego, Valentina, Valeria e Paula foron os protagonistas de este festón!!

Como vedes tivemos de todo, ata uns simpáticos narices de cores cos que colaboramos, dalgún modo, coa Fundación Theodora, que se encarga de levar un sorriso aos peques hospitalizados. Un labor marabillosa!!!



Moitas grazas familias pola vosa colaboración, en especial por achegar este tipo de iniciativas  a escola que son fundamentais e unha parte moi importante na formación dos nosos peques.

miércoles, 19 de junio de 2019

ACLARACIÓN SOBRE OS PERMISO DE IMAXE

Nestes días enviamos dende o cole a autorización do permiso de imaxe para o próximo curso.

Este ano, atendendo a nova lei de protección de datos, o formato da autorización cambiou e isto está xerando bastantes dúbidas.

O uso que dende o cole facemos da imaxe dos nenos é o mesmo que ata o de agora: publicamos actividades neste blog ou na páxima web, actuacións, compartimos as fotos coas familias ao final do curso... Cando trátase dun video utilizamos para a súa publicación un canal pechado de Youtube, ao que accédese dende  o enlace da web do centro ou este propio blog.

Ao non autorizar o uso de Youtube o neno ou nena non poderá saír en moitas das publicacións e produccións (montaxes de fotos, vídeos...).

Esperamos ter aclarado algunhas dúbidas, en calquera caso non dúbidedes en consultar coas mestras as vosas inquedanzas.

Moitas grazas!

martes, 18 de junio de 2019

PREPARÁNDONOS PARA A DESPEDIDA

Xa queda moi pouquiño para que este curso chegue ao final e queremos despedirlo como se merece.

Para iso pedimos, unha vez máis, a vosa colaboración familias.

O venres podemos traer unha "merendola festeira" para compartir cos compañeiros, non moita cantidade.
 

Durante estes últimos días estamos a facer distintas actividades festivas, e entre elas faremos algunha con distintos maquillaxes. Se alguén ten algún inconvinte pregámosvos que o comuniquedes as mestras.

Tamén aproveitamos para comentarvos que o venres podedes entrar nas aulas á hora da saída para despedirnos e poder desexarvos un bo verán.