O pasado mércores, 30 de Xaneiro, celebramos no cole o Día Escolar da Non Violencia e a Paz.
Nas aulas traballamos sobre o tema, reflexionando sobre o que era a Paz, a súa importancia, os seus símbolos... E tamén decoramos unha peza de papel, seguindo as indicacións que nos deron, para levala a celebración con todos os compañeiros. Para que serviría esa peza??
Xa no patio, construimos un camiño cos briks que trouxeron as nenas e nenos da casa (moitas grazas familias!) e pegamos a nosa peza nun puzle xigante, un traballo colaborativo co lema "Camiño cara a Paz".
Para rematar bailamos a "Polca da Paz", que ensaimos coa profe Nuria, e coa que entramos en calor e divertímonos moito!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!