lunes, 25 de febrero de 2019

PREPARÁNDONOS PARA O ENTROIDO 2019

Estimadas familias:

Estamos a prepararar a celebración do desfile do Entroido do próximo venres, 1 de Marzo. Este ano a temática é a SON, polo que todos os nosos disfraces irán acompañados dalgún elemento sonoro.

Nas distintas aulas xa vos temos pedido o elemento que precisamos para que se nos escoite ben (se aínda non o trouxechedes ao cole non vos esquenzades para que poidamos preparalo con tempo para o venres), pero ademáis recordámosvos como teñen que vir vestidos ese día para que no desfile esteamos todas e todos ben guapos:
  • 3 anos: pantalón escuro e camiseta branca.
  • 4 anos: pantalón e parte de arriba negra. 
  • 5 anos: pantalón e parte de arriba escura.
Decatádevos de que o desfile será no exterior, polo barrio ou polo patio se o tempo non acompaña, así que teñen que vir abrigadiños. Unha boa opción é poñerlles porriba unha prenda vosa, da cor escollida, para que sea ampla e poidan levar a súa roupa debaixo xa que non levarán as cazadoras no desfile. 


Ese día os nenos e nenas poden traer doces típicos destas datas para a merenda, pouca cantidade xa que será para compartir con todos os compañeiros.

Durante toda a semana iremos quentando motores e haberá algunha sorpresa... Se hai algunha alerxia ou non queredes que lles pintemos a cara, pregámosvos que nos avisedes.

O xoves poden vir disfrazados da casa como máis vos guste, procurade que veñan cómodos e sen elementos perigosos ou que poidan estropearse ou perderse.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un saúdo.
As mestras de Infantil

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!