lunes, 9 de noviembre de 2020

MAGOSTO 2020

 Ao redor do san Martiño (11 de novembro) é costume celebrar a festa do Magosto en Galiza. No cole acostumamos a facelo, pero este ano terá que ser de xeito moi diferente, evidentemente.

Dende o equipo de  Dinamización da Lingua propóñennos elaborar algunha receita con CASTAÑAS. Se vos animades, podedes enviar ao correo wencescogalego@gmail.com  unha receita, unha foto ou pequeno vídeo (máximo 1 minuto, gravado en horizontal). Tedes ata o 16 de novembro para facelo!

Tedes coma sempre máis información e recursos na nosa aula virtual (na páxina web do cole, na pestana AULA VIRTUAL no curso 2020/2021 no apartado DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA).



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!