miércoles, 25 de noviembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 Este día celebrámolo con diferentes actividades, cada aula elexiu a que lle pareceu máís axeitada.

4º A

Na clase de 4°B estivemos a reflexionar sobre que é amor e que non é amor, sairon ideas tan interesantes como as seguintes: amor é dar abrazos, pola contra mentir ou pegar non é amor. Unha cousa quedou clara: o amor e a violencia son incompatibles. Rematamos contando o conto de Crocodilo namorado.  

4º B


Nas clases de 5º falamos de cousas que podemos ou non podemos facer nenos e nenas. Chegamos á conclusión de que non hai nada que uns poidan ou non facer con respecto  aos outros, eso si, despois de falalo un pouco porque os estereotipos seguen a estar presentes (afortunadamente cada vez en menor medida). Os contos axudan a velo doutro xeito:


                                        5º A


5º B 


Nas aulas de 6º  reflexionamos sobre o libro "Cuando las niñas vuelan alto" e cada unha e cada un pintouse unhas ás para poder voar e chegar a ser o que queiramos sin que ninguén nos poña pedras no camiño.



5anos "A"



5 anos "B"


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!