domingo, 24 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO


 O 23 de abril conmemórase o día do libro, instrumento indispensable na vida escolar. 

O Equipo de Biblioteca convoca unha nova edición do concurso de marcapáxinas. Desta volta o tema elixido é o da PAZ, tan necesaria sempre e, moi especialmente, nestes días. Así que nos vindeiros días traballaremos nas aulas na elaboración das nosas creacións tanto na parte artística coma na lingüística (elaborando frases ou slogans motivadores empregando a lingua galega). No mes de maio coñeceremos @s gañador@s.



DÍA DA TERRA

 O venres conmemorouse o día da Terra e o Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do cole prepareinos diferentes vídeos e xogos, poderes acceder a eles na nosa páxina web:

                                                pincha aquí:  Dia da Terra 2022



sábado, 9 de abril de 2022

XOGAMOS CON OVOS DE PASCUA!

Estes días, a partir das actividades que se propuxeron de inglés e que se realizaron con ovos, continuamos nas distintas áreas con xogos e manualidades que fixeron e que supuxo, para tod@s, uns días de pasalo moi ben divertíndose e aprendendo!

Tamén en psicomotricidade o pasaron moi ben! Neste caso, presentáronse uns materiais que, facendo uso da súa imaxinación, simulaban un neno con ovos de Pascua. Como os ovos son moi delicados, o xogo consistía en levalos con moito coidado, no aire o maior tempo posible para que non caeran ao chan.

Na segunda proposta tratábase de atopar un tesouro agochado no niño, e unha vez atopado cadaquén o seu, localizar a nosa parella.

Rematamos cunha relaxación na que coordinamos a nosa respiración co movemento do ovo.

                              BOAS VACACIÓNS!!!!

O CORPO HUMANO

En 6º de E. Infantil tratamos o tema do corpo humano. Como motivación tivemos a un esquelete, tamaño natural, ao que, en cada clase, lle puxeron nome e que nos acompañou durante todo o tempo que lle dedicamos ao tema. Con él aprenderon os principais ósos do corpo, situalos e nombralos, para que serven, como coidalos... Tamén tratamos os órganos máis importantes e os cinco sentidos, igualmente valorando o coidado que precisan para que todo funcione correctamente así como a que médico acudir no caso de que sexa necesario. Todo esto o fixemos con diversos materiais como libros da biblioteca, un boneco desmontable con todos os órganos internos, un fonendoscopio, unha lupa... 




lunes, 4 de abril de 2022

EXPOSICIÓN: EASTER EGGS

 As TEACHERS propuxeron unha exposición de ovos de pascua decorados. E resultaron verdadeiras obras de arte.

Grazas polo vosa colaboración!!!





EASTER EGG HUNT

 As teachers Deisy e Nuria organizaron unha busca de ovos de no xardín do cole para alumnado de 6º. Foi divertido buscalos e emocionante xuntalos todos para desois poder repartilos na clase.