Estes días, a partir das actividades que se propuxeron de inglés e que se realizaron con ovos, continuamos nas distintas áreas con xogos e manualidades que fixeron e que supuxo, para tod@s, uns días de pasalo moi ben divertíndose e aprendendo!
Tamén en psicomotricidade o pasaron moi ben! Neste caso, presentáronse uns materiais que, facendo uso da súa imaxinación, simulaban un neno con ovos de Pascua. Como os ovos son moi delicados, o xogo consistía en levalos con moito coidado, no aire o maior tempo posible para que non caeran ao chan.
Na segunda proposta tratábase de atopar un tesouro agochado no niño, e unha vez atopado cadaquén o seu, localizar a nosa parella.
Rematamos cunha relaxación na que coordinamos a nosa respiración co movemento do ovo.
BOAS VACACIÓNS!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!