sábado, 9 de abril de 2022

O CORPO HUMANO

En 6º de E. Infantil tratamos o tema do corpo humano. Como motivación tivemos a un esquelete, tamaño natural, ao que, en cada clase, lle puxeron nome e que nos acompañou durante todo o tempo que lle dedicamos ao tema. Con él aprenderon os principais ósos do corpo, situalos e nombralos, para que serven, como coidalos... Tamén tratamos os órganos máis importantes e os cinco sentidos, igualmente valorando o coidado que precisan para que todo funcione correctamente así como a que médico acudir no caso de que sexa necesario. Todo esto o fixemos con diversos materiais como libros da biblioteca, un boneco desmontable con todos os órganos internos, un fonendoscopio, unha lupa... 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!