miércoles, 3 de junio de 2020

PROPOSTA PARA MÉRCORES 3: VOLCÁN

Deixamos a proposta do experimento do volcán que sabemos que lles encanta!! Botamos os ingredientes por orde e ...que sucede? xa contaredes!
Unha compañeira do cole de Cambre explícanos como facelo. 
Precisamos:
VINAGRE
LAVALOUZAS
BICARBONATO
COLORANTE (optativo)




Aquí está a palabra secreta de hoxe:


martes, 2 de junio de 2020

RECOLLIDA MATERIAL

LEMBRADE QUE MAÑÁ (3 E 5 ANOS) E PASADOMAÑÁ (4 ANOS) AS PROFES ESTAREMOS NAS AULAS PARA QUE PASEDES A RECOLLER O MATERIAL D@S VOS@S FILL@S E DEIXAR A FOLLA DE ACTUALIZACIÓN DE DATOS NO HORARIO PREESTABLECIDO. 
GRAZAS!

PSICOMOTRICIDADE 10

O que necesitamos para esta sesión de psicomotricidade son: sillas, mesas, e un saquiño de area (un globo recheo de arroz tamén vale).
Para motivar aos nenos/as imaxinamos que todos somos gatiños e gústanos subir enriba das sillas (nos tamén o facemos), das mesas, etc. Ás veces asustámonos e metemos a cabeza enbaixo dunha silla, outras quedamos durmidos debaixo da mesa.
O desenvolvemento desta sesión consiste en:
1.- Sentarse nunha silla e poñer as mans:
- enriba da cabeza.
- enriba dos muslos.
- enriba dos xeonllos.
- debaixo das nádegas.
- debaixo dos xeonllos.
- debaixo do queixo.
2.- Situarse de pé ao redor duha mesa e:
- colocar a cabeza encima/debaixo da mesa.
- colocar un pé encima/debaixo da mesa.
- sentarse encima/debaixo da mesa.
3.- Poñerse a catro patas formando unha fila. Comenza o xogo cando o último da fila vai pasando con coidado por debaixo dos demáis e colocándose de primeiro. Cando terminen de pasar todos finalizará.
4.- Xogo: onde está o saco?
Preparamos o saquiño de area ou no seu defecto o globo cheo de arroz. Sentaranse todos no chan menos un. O xogador que está en pé, colocarase de espaldas aos demáis e contará hasta cinco en voz alta, mentras o resto do grupo pasa o saco hasta escondelo debaixo dun deles.
Cando remate de contar, voltarase e tratará de averiguar debaixo de qué compañeiro/a se atopa o saco.

PROPOSTA PARA MARTES 2: PINTAMOS SEGUINDO INSTRUCIÓNS

Imos seguir descubrindo códigos secretos  para a celebración do día 5.  Que palabra se agocha aquí?

A actividade que propoñemos ten relación coa palabra que, supoñemos, xa descubrístedes.
Imos a darlle cor a unha rede seguindo  unhas instrucións e están secuenciadas por orde de dificultade.  
Seguro que quedan estupendas!

lunes, 1 de junio de 2020

ACTUALIZACIÓN DE DATOS PERSOAIS

Como todos os anos, chegada esta data é tempo de matrículas.

O alumnado que xa está matriculado no centro non ten que facer ningún trámite, salvo cubrir a folla de actualización de datos.

Podedes cubrila e entregala no centro a próxima semana cando veñades a recoller o material.

Moitas grazas familias!

PROPOSTA PARA O LUNS 1: CÓDIGO SECRETO

Como sodes uns fantásticos detectives queremos saber se poderedes descifrar o código secreto que propoñemos.
Teredes que averiguar que imos celebrar o día 5 de xuño. Cada día desta semana teredes un código diferente que ten relación con ese día, ídeos descubrindo e o venres xa podedes resolver o misterio.
Tedes unha plantilla onde están os debuxos e as letras que lles corresponden, tan só tedes que fixarvos un pouco.
Tamén podedes facer as vosas propostas: o voso nome, os dos vosos papás....e todo o que se vos ocorra.
Ánimo e mans a obra!