Como sodes uns fantásticos detectives queremos saber se poderedes descifrar o código secreto que propoñemos.
Teredes que averiguar que imos celebrar o día 5 de xuño. Cada día desta semana teredes un código diferente que ten relación con ese día, ídeos descubrindo e o venres xa podedes resolver o misterio.
Tedes unha plantilla onde están os debuxos e as letras que lles corresponden, tan só tedes que fixarvos un pouco.
Tamén podedes facer as vosas propostas: o voso nome, os dos vosos papás....e todo o que se vos ocorra.
Ánimo e mans a obra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!