O que necesitamos para esta sesión de psicomotricidade son: sillas, mesas, e un saquiño de area (un globo recheo de arroz tamén vale).
Para motivar aos nenos/as imaxinamos que todos somos gatiños e gústanos subir enriba das sillas (nos tamén o facemos), das mesas, etc. Ás veces asustámonos e metemos a cabeza enbaixo dunha silla, outras quedamos durmidos debaixo da mesa.
O desenvolvemento desta sesión consiste en:
1.- Sentarse nunha silla e poñer as mans:
- enriba da cabeza.
- enriba dos muslos.
- enriba dos xeonllos.
- debaixo das nádegas.
- debaixo dos xeonllos.
- debaixo do queixo.
2.- Situarse de pé ao redor duha mesa e:
- colocar a cabeza encima/debaixo da mesa.
- colocar un pé encima/debaixo da mesa.
- sentarse encima/debaixo da mesa.
3.- Poñerse a catro patas formando unha fila. Comenza o xogo cando o último da fila vai pasando con coidado por debaixo dos demáis e colocándose de primeiro. Cando terminen de pasar todos finalizará.
4.- Xogo: onde está o saco?
Preparamos o saquiño de area ou no seu defecto o globo cheo de arroz. Sentaranse todos no chan menos un. O xogador que está en pé, colocarase de espaldas aos demáis e contará hasta cinco en voz alta, mentras o resto do grupo pasa o saco hasta escondelo debaixo dun deles.
Cando remate de contar, voltarase e tratará de averiguar debaixo de qué compañeiro/a se atopa o saco.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!