viernes, 30 de noviembre de 2012

PENSANDO, PENSANDO ...





Hoxe tivemos unha desas sesións de "aprender a pensar" que tanto fan traballar ás nosas neuronas e das que saen tantas aprendizaxes interesantes, poñendo en común as ideas propias coas dos compañeir@s. Queremos compartila con todos vos: tratábase de explicar diferentes adxectivos que definen persoas a traves dos nomes dos ananiños que Disney fixo tan famosos, e este foi o resultado das definicións e de buscar na clase alguén con esas características:

QUE É SER SABIO?:
  • "que es viejo"
  • "que sabe muchas cosas"
  • "lleva gafas para ver mejor todo"
  • "que apunta cosas"
  • "que inventa cosas"
NA CLASE: "yo", "yo", "yo", .... (case todos), "la profe", ...

QUE É SER TÍMIDO?:
  • "que no quiere hablar"
  • "que no quiere decir nada"
  • "que le da miedo/ vergüenza"
NA CLASE: "yo a veces", "a mi me da vergüenza a veces decir hola", "que me hable alguien que no conozco", "un día me dio vergüenza cantarle una canción a mi papá", "a mí nada", ...

QUE É SER MUDITO?:
  • "que no habla"
  • "que no es fuerte como los demás"
  • "que no puede hablar, que está malito"
NA CLASE: "nadie", "pero una niña de otra clase no habla bien"

QUE É SER MOCOSO?:
  • "que le caen los mocos"
  • "que no se suena"
  • "que se limpia con el dedo los mocos"
  • "que tiene que coger un pañuelo"
NA CLASE: (varios nomes de nenos e nenas acatarrados)

QUE É SER DORMILÓN?:
  • "que duerme mucho"
  • "que quiere dormir mucho"
  • "que quiere dormir y no puede"
  • "que duerme todos los días"
NA CLASE: "yo cuando estoy malito", "yo sobre todo por las mañanas", ...

QUE É SER FELIZ?:
  • "estar contento"
  • "estar contento todos los días"
NA CLASE: "yo", "yo", "yo", "yo".... (afortunadamente tod@s)

QUE É SER GRUÑÓN?:
  • "que está enfadado"
  • "que está triste"
  • "que siempre está tonto"
NA CLASE: "yo siempre me enfado", "yo cuando un niño me da", "cuando un niño no juega conmigo", "cuando otro se chiva", ...

    Que vos parece? Tan espontáneos ...

(sesión realizada o 22 de novembro de 2012 con alumn@s de 4 anos)

miércoles, 28 de noviembre de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

Os nenos e nenas de 5 anos estamos participando nunha actividade da biblioteca do cole moi interesante agora que estamos tan inmersos no proceso da lectoescritua. Unha mochila chea de libros e outras  cousas que podemos atopar na biblioteca está visitando cada unha das nosas casas para facer disfrutar a toda a familia durante unha semana.
Tedes unha mostra dalgunhas produccións realizadas no enlace do blog da biblioteca, á dereita desta páxina.
Esperamos que vos gusten ....

martes, 20 de noviembre de 2012

CARTEIS INFORMATIVOS

Dende o equipo de profes de actividades extraescolares chega unha nova proposta moi interesante: os compañeir@s de primaria están a elaborar uns carteis que logo veñen presentarnos e entregarnos ás diferentes aulas sobre cousas cotidianas que está ben recordar: QUE VEÑAMOS CONTENTOS AO COLE, QUE COMAMOS A MERENDA, ...
Está ben esto de aprender dos nen@s maiores!



EN INFANTIL PLANTAMOS

Estamos a realizar estes días en todas as aulas do cole unha plantación de outono coa esperanza de que obteñamos coma resultado o nacemento de unha boa morea de arboriñas que logo trasplantaremos ás zonas verdes do noso entorno.
Temos dúas macetas en cada aula, unha con castañas e outra con noces, que coidamos con esmero botándolle auga a miudo e poñéndoas nun lugar luminoso. Estamos desexando ver o resultado pero aínda teremos que esperar.
A ver cantos castaños e nogueiras conseguimos!!!

martes, 13 de noviembre de 2012

4 ANOS .... BLANCANIEVES!

Os alumn@s de 4 anos comezamos a traballar o conto de "Blancanieves e os sete ananiños" como xa moit@s saberedes. Seguro que en todas as casas tedes algo relacionado con el, así que esperamos moita colaboración desta vez (se podedes poñédelle o nome en todo o que traian ao cole para compartir cos compañeir@s).
Gracias a tod@s.

NOVA PAXINA WEB

Vimos de renovar a páxina web do noso cole polo que sería interesanter que lle botarades unha ollada. Tedes un enlace directo dende a páxina principal deste blog de infantil, no lado dereito.
Na nova páxina web podedes obter información sobre o funcionamento do cole, saídas previstas (no apartado "actividades"), horarios de atención e outros aspectos do voso interese.
Esperamos que vos resulte práctica e útil.

viernes, 9 de noviembre de 2012

CASTAÑAS ASADAS ... QUE BOAS ESTÁN!

OUTONO BONITO
FOLLIÑAS NO CHAN
CASTAÑAS ASADAS
QUE BOAS ESTÁN!
 
   Esta mañá vimos de desfrutar dunha maravillosa xornada festiva no noso cole. O tempo meteorolóxico non puido acompañar mellor para que os nen@s participasen nun magosto realmente especial.
    En infantil comezamos ben cediño a xornada para realizar un circuito de xogos tradicionais que nos entusiasmaron: os birlos, o pañueliño, encestar a castaña, as carreiras, a busca do tesouro e castaña crúa-castaña asada puxéronnos en movemento e abríronnos o apetito polo que a degustación das castañas foi todo un éxito. Durante toda a mañá un grupo de profes e alumn@s estiveron asando castañas para que todo saíra á perfección. E, para rematar, tivemos música en vivo gracias á gaita, á pandeireta e ao tambor cos que nos animamos a bailar ao estilo máis tradicional.
     Esperamos que tod@s leven un bo recordo e moito que contar na casa.
    Agradecemos coma sempre a vosa colaboración e a dos profes de primaria que nos botaron unha man cos "peques" do cole.


 
 






 
 
 
 
 
 
 
 

jueves, 8 de noviembre de 2012

OUTONO DE CIENCIA

Talleres y espectaculos para niñosNo ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de Novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades.
Dende hai tres anos, a celebración da UNESCO foi adoptada nos centros educativos galegos como Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego. Este ano  propónse centrar a celebración na tecnoloxía e nas figuras de Leonardo da Vinci e mais do galego Ramón Verea, inventor, entre outras cousas, dunha das primeiras calculadoras.
Para acercarnos á ciencia, nada mellor que uns experimentos que podemos facer na casa:
10 Experimentos para niños 
¡Animádevos!
 

martes, 6 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

Este ano celebraremos o magosto no cole o vindeiro venres 9 de novembro. Pedimos as castañas (que leven un corte feito para que non rebenten ao asar) que algún dos profes do cole vai estar asando durante a mañá no patio, así os nen@s verán o proceso tradicional.
Teremos tamén unha sesión de xogos tradicionais na que os alumnos de infantil poderán xogar ás carreiras, aos birlos, a castaña crúa castaña asada, á castaña pasou por aquí, á busca da castaña ou a encestar o castañazo.
Para rematar cantaremos unha canción que o profe de música nos ensinou a todos os nen@s do cole "Dona Castaña", así que a diversión está asegurada, só nos queda que o tempo acompañe.... 

RECEITAS DE OUTONO

Dende o Equipo de Biblioteca e o de Normalización Lingüística do cole hai unha proposta para realizar un LIBRO DE RECEITAS DE OUTONO que estará dispoñible, unha vez elaborado, na propia biblioteca.
Pedimos a vosa contribución, para o cal os nenos están a levar eses días unha folla na que teredes que apuntar algunha receita sinxela de cociña que se elabore con produtos típicos destas datas de outono (froitos secos, castañas, mazás, cabaza, ....). Trátase dunha actividade para facer cos rapaces xa que eles poden facer un debuxo relacionado coa receita correspondente.
Deberá estar escrita en galego, pero non vos preocupedes pola corrección que ten moito máis valor a boa intención!!!!
Graciñas dende xa. Seguro que os vosos fillo/as participarán encantado/as.

                                  O PRAZO DE ENTREGA REMATA O 14 DE DECEMBRO