OUTONO BONITO
FOLLIÑAS NO CHAN
CASTAÑAS ASADAS
QUE BOAS ESTÁN!
Esta mañá vimos de desfrutar dunha maravillosa xornada festiva no noso cole. O tempo meteorolóxico non puido acompañar mellor para que os nen@s participasen nun magosto realmente especial.
En infantil comezamos ben cediño a xornada para realizar un circuito de xogos tradicionais que nos entusiasmaron: os birlos, o pañueliño, encestar a castaña, as carreiras, a busca do tesouro e castaña crúa-castaña asada puxéronnos en movemento e abríronnos o apetito polo que a degustación das castañas foi todo un éxito. Durante toda a mañá un grupo de profes e alumn@s estiveron asando castañas para que todo saíra á perfección. E, para rematar, tivemos música en vivo gracias á gaita, á pandeireta e ao tambor cos que nos animamos a bailar ao estilo máis tradicional.
Esperamos que tod@s leven un bo recordo e moito que contar na casa.
Agradecemos coma sempre a vosa colaboración e a dos profes de primaria que nos botaron unha man cos "peques" do cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!