martes, 6 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

Este ano celebraremos o magosto no cole o vindeiro venres 9 de novembro. Pedimos as castañas (que leven un corte feito para que non rebenten ao asar) que algún dos profes do cole vai estar asando durante a mañá no patio, así os nen@s verán o proceso tradicional.
Teremos tamén unha sesión de xogos tradicionais na que os alumnos de infantil poderán xogar ás carreiras, aos birlos, a castaña crúa castaña asada, á castaña pasou por aquí, á busca da castaña ou a encestar o castañazo.
Para rematar cantaremos unha canción que o profe de música nos ensinou a todos os nen@s do cole "Dona Castaña", así que a diversión está asegurada, só nos queda que o tempo acompañe.... 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!