And they wish you Merry Christmas!!!
viernes, 19 de diciembre de 2014
MERRY CHRISTMAS ....TAMÉN EN INGLÉS!
As profes de inglés Mila e Isa ensaiaron cos nen@s de infantil un bonito villancico, velaí o resultado:
And they wish you Merry Christmas!!!
And they wish you Merry Christmas!!!
jueves, 18 de diciembre de 2014
FESTIVAL NADAL 2014
Os ensaios foron un éxito, a ver mañá!
Uns verdadeiros artistas!!, ...
... ademais de un excente público, a pesar de que aos máis pequenos se nos facía un pouquiño longo o festival.
3 anos, "Turrón y mazapán" |
Uns verdadeiros artistas!!, ...
4 anos, "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis" |
5 anos A, "Los Reyes Magos" |
5 anos B, "Árbol de Navidad" |
miércoles, 17 de diciembre de 2014
O APALPADOR
Onte tivemos unha sesión de contacontos na biblioteca do cole. Os rapaces de 6º contornos a historia do "apalpador":
El Apalpador (también conocido por el nombre de Pandigueiro en la comarca Terra de Trives), es, en las zonas del este de Galicia, la figura mítica de un carbonero que según indica la tradición baja la noche del 24 o 31 de diciembre, a tocar el vientre a los niños para ver si han comido suficientemente durante el año, dejando un montón de castañas, eventualmente algún regalo y deseándoles que tengan un año nuevo lleno de felicidad y comida.
Estivemos moi atentos e levamos uns caramelos de agasallo .... deixaríaos para nós a famoso APALPADOR????
domingo, 14 de diciembre de 2014
NADAL 2014
O vindeiro venres teremos o festival de nadal do cole coma fin a este primeiro trimestre que está a piques de rematar. Por falta de espacio no salón de actos divídese en dúas partes: a primeira para alumnos de infantil, primeiro e segundo de primaria; e a segunda parte para os demais cursos.
Coma en anos anteriores o xoves 18, á 1, os alumnos/as de infantil faremos o "ensaio xeral" ao que estades invitadas as familias. Dado o reducido do espacio pregamos que non acudan máis de 2 persoas por neno/a. Tamén pregamos a máxima celeridade á hora de subir ao salón (abrirán as portas 10 minutos antes), á fin de interromper o menos posible ás aulas de primaria.
Para tan ilustre actuación precisamos:
3 anos: que veñan vestidos con roupa oscura e traian un espumillón para adornar nos pulsos
4 anos: que traian pantalón vaqueiro e camiseta blanca
5 anos: xa teñen elaborado o vestuario necesario
Temos practicado moito e posta moita ilusión, esperamos que todo nos saia á perfección, e, sobre todo, que vos guste!
O día 19 será un día de festa polo que vos pedimos comida típica para compartir cos compañeros na aula.
AS VACACIÓNS DE NADAL SERÁN ATA O XOVES 8 DE XANEIRO, DÍA NO QUE NOS VOLVEREMOS VER!
DESDE O EQUIPO DE INFANTIL VOS DESEXAMOS FELICES FESTAS A TOD@S!!!!!
viernes, 12 de diciembre de 2014
PATIO
A partires de hoxe xa podemos utilizar o patio exterior de infantil, pendentes tan só de pequenos detalles.
miércoles, 10 de diciembre de 2014
PAPA NOEL VISITA O WENCESLAO
Como estaba previsto, esta mañá pasou polo cole Papa Noel, máis a súa elfa, para contarnos un conto e recoller as nosas cartas. Todos os nenos de infantil, 1º e 2º de primaria deixamos a carta no seu saco .... agora mesmo estará a lelas todiñas!
FACENDO ARTE ....
En infantil traballamos a cotío con obras artísticas famosas, .... e tamén coas nosas propias producións (menos famosas, pero moi importantes ). Ás veces visitamos algún museo da cidade; este curso temos previsto (aínda sen data concreta):
3 anos- museo de Belas Artes
5 anos- museo de Arte Contemporáneo (MAC)
De todos xeitos, a aula tamén nos aproxima á arte. Aquí tedes as súas interpretacións de "Círculos concéntricos" de KANDINSKY:
3 anos- museo de Belas Artes
5 anos- museo de Arte Contemporáneo (MAC)
De todos xeitos, a aula tamén nos aproxima á arte. Aquí tedes as súas interpretacións de "Círculos concéntricos" de KANDINSKY:
3 anos |
martes, 9 de diciembre de 2014
VISITA PAPA NOEL
lunes, 1 de diciembre de 2014
XA CHEGA O NADAL .....
Comeza o mes do nadal e o noso cole xa está a encherse de motivos alusivos ao tema. As aulas e corredores cambian as cores.
Pedimos a vosa colaboración para facer unhas grandes árbores decorativas. Formarémolas coas bolas que mandamos ás casas para que decoredes cos vosos fillos/as. Han quedar estupendas! Gracias pola vosa colaboración.
Pedimos a vosa colaboración para facer unhas grandes árbores decorativas. Formarémolas coas bolas que mandamos ás casas para que decoredes cos vosos fillos/as. Han quedar estupendas! Gracias pola vosa colaboración.
3 anos |
5 Anos
miércoles, 26 de noviembre de 2014
EN 3 TRABALLAMOS O NOSO NOME
Un dos aspectos que se traballa na educación infantil é a LECTOESCRITURA. Existen moitísimos e diversos enfoques para facelo, aínda que as últimas tendencias van encamiñadas cara unha aprendizaxe o máis natural e significativa para o neno/a posible. Por iso o traballo cos propios nomes dos alumnos/as da clase. É moi interesante polo cercano que lles resulta dende o primeiro momento.
En principio traballamos coa grafía maiúscula, pasamos logo ao traballo coa letra minúscula enlazada, para logo complicalo xa cos seus apelidos.
En 3 anos estamos a realizar xa actividades de lectoescritura cos nomes coma:
- o encargado do día fai a lectura dos nomes dos compañeiros para pasar lista
- cada un escribe o seu nome nas fichas realizadas (na medida das súas posibilidades)
- repasamos os nomes propios e dos compañeiros de mesa
- observamos entre todos algunhas características dos nomes: os que son iguais, o máis longo, o máis curto, os que teñen a letra "A" ou "O", os que comezan pola mesma letra, ...
- dar palmas segundo os golpes de voz que emitimos ao dicir cada un dos nomes
- ver o nome escrito con diferentes tipos de letra
Cada neno/a ten o seu ritmo e vai evolucionando segundo o seu nivel madurativo, pero todos/as pasan unhas fases ata conseguir escribir o seu nome "correctamente". En cada fase o neno/a valora o que plasma coma escritura do seu nome, aínda que un adulto non o identifique. Polo tanto é moi importante non desmerecelo: dende unha simple liña, formas sen xeito, letras soltas sen sentido, ás vocais do propio nome ou a todas as letras pero "desordenadas", .... acabará escribíndoo!
Unha das actividades nas que vos pedimos colaboración é na lectura con eles na casa do "LIBRO DOS NOMES" que levarán proximamente. É un libro no que está a foto e o nome de cada neno/a, será divertido míralo con eles! Irá pasando por todas as vosas casas ao longo do curso.
jueves, 20 de noviembre de 2014
ARRANXO DO PATIO EXTERIOR
Ao longo da videira semana está previsto que se realicen as obras de remodelación do patio exterior de infantil. Entre outras cousas cambiarán o pavimento que está moi deteriorado, polo que non se poderá pisar nel e, polo tanto, faremos os recreos no patio cuberto de primaria de 11:00 a 11:30 e as ENTRADAS E SAÍDAS POLA PORTA INTERIOR QUE DÁ AO PATIO CUBERTO.
O portalón exterior do patio de infantil que vai dar a Xeneral Rubín permanecerá pechado, polo que o acceso ao cole só se fará polo portalón da Travesía Xeneral San Martín, no patio cuberto de primaria.
Esperamos que as molestias ocasionadas teñan a súa recompensa en beneficio do centro!!!
Gracias a todos pola vosa colaboración.
viernes, 7 de noviembre de 2014
MAGOSTO 2014
Esta mañá foi moi festiva no noso cole pola celebración do magosto. Dende primeira hora estivo o lume prendido para manter as brasas e poder asar as castañas que tiñades traído. De 10 a 11 tocounos o turno de xogos no patio aos de infantil, que fomos pasando de xogo en xogo para rematar recollendo unhas poucas castañas en cadanseu cestiño que comemos todos xuntos no noso patio cuberto. Estaban ricas, ricas.
Gracias á climatoloxía e á colaboración de moitos profes, todo saíu de marabilla! Ahí vai a proba:
3 anos A xogando á castaña pasou por aquí |
3 anos B xogando aos birlos |
4 anos A xogando a castaña crúa, castaña asada |
4 anos B xogando a encestar a castaña |
5 anos A xogando a onde está a castaña? |
5 anos B xogando ás carreiras de castañas |
jueves, 6 de noviembre de 2014
MANUALIDADES CON CASTAÑAS ...
CONCURSO DE CABAZAS, samaín 2014
domingo, 2 de noviembre de 2014
E AGORA ....O MAGOSTO!
Lembrade que na vindeira semana celebraremos no cole o MAGOSTO (o venres 7). Pedímosvos unhas pouquiñas castañas que asaremos ese día no patio para comelas e facer unha serie de xogos tradicionais. Deben vir cun pequeno corte feito (para que non estoupen no lume!).
Para poder comer as castañas con mais comodidade deben traer feito da casa un cestiño. Aquí tedes as instruccións e un modelo para que vexades como queda.
Gracias a todo/as!!!
Para poder comer as castañas con mais comodidade deben traer feito da casa un cestiño. Aquí tedes as instruccións e un modelo para que vexades como queda.
Gracias a todo/as!!!
SAMAÍN 2014
O pasado xoves tivemos unha xornada un tanto especial xa que celebramos o Samaín visitando as exposicións de cabazas, cantando e bailando ao ritmo de canción moi marchosas e levando algún que outro susto!
As profes de inglés tamén nos fixeron partícipes do Halloween ... despois de todo veñen sendo o mesmo!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)