miércoles, 23 de diciembre de 2020

BO NADAL

 TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP PLURILINGÜE WENCESLAO FDEZ FLÓREZ DESÉXAVOS ÁS FAMILIAS UN NADAL DIFERENTE PERO COA MESMA ILUSIÓN PARA @S MÁIS PEQUES DA CASA.

VOLTAREMOS O VENRES 8 DE XANEIRO DE 2021

4º A

4º B

                                                                               5º A

5ºB


6º A


6º B

lunes, 21 de diciembre de 2020

FESTIVAL VIRTUAL DE NADAL

AQUÍ TEDES AS ACTUACIÓNS DESTES GRANDES ARTISTAS!

4º: JINGLE BELLS




5º: SANTA CLAUS IS COMING TO TOWN




 6º: BUSCANDO PAPÁ NOEL A ÁRBORE DE NADAL





jueves, 10 de diciembre de 2020

SIMULACRO DE EVACUACIÓN

 Esta mañá fixemos un simulacro de evacuación en caso de emerxencia no cole. 

Sabiamos que tiñamos que saír de forma ordeada e sen parar nin separarse do grupo, e fixémolo de maravilla. 

Desta volta era moi importante manter as distancias entre grupos polo protocolo Covid, e así o fixemos. 






sábado, 5 de diciembre de 2020

FESTIVAL DE NADAL 2020

 Este ano tampouco poderemos facer o festival de nadal tradicional no salón de actos do cole, pero non queremos que perdades a ocasión de poder ver aos nos@s artistas interpretando panxoliñas. Así que a profe Nuria preparou con cada unha das aulas unha cancionciña navideña con moito agarimo. 

Como gravaremos as actuacións nas vindeiras semanas podedes aproveitar estes días para ensaiar un pouquiño, se poñedes a música seguro que eles fan os xestos (alomenos algún), así que ánimo!


4º infantil (Cristina e Carlota): JINGLE BELLS

5º infantil (Teresa e Rosa): SANTA CLAUS IS COMING TO TOWN

6º infantil (Mª Carmen e Cloti): BUSCANDO PAPÁ NOEL

jueves, 3 de diciembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Hoxe celebramos este día en todas as aulas. Contamos o conto "Por catro esquinitas de nada" e, antes de chegar o final, pensamos posibles solucións para que cadradiño puidese entrar pola porta redonda. Ó rematar o conto reflexionamos e démonos conta de que o problema non estaba en cadradiño, senon na porta! 

Este conto axudounos a decatarnos de que non tod@s somos iguais, cada un de nós somos especiais coas nosas peculiaridades, e non temos que amoldarnos ao mundo, senón o mundo a nós. 

Queredes ver o conto? pois premede  no enlace:      CONTO









miércoles, 25 de noviembre de 2020

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 Este día celebrámolo con diferentes actividades, cada aula elexiu a que lle pareceu máís axeitada.

4º A

Na clase de 4°B estivemos a reflexionar sobre que é amor e que non é amor, sairon ideas tan interesantes como as seguintes: amor é dar abrazos, pola contra mentir ou pegar non é amor. Unha cousa quedou clara: o amor e a violencia son incompatibles. Rematamos contando o conto de Crocodilo namorado.  

4º B


Nas clases de 5º falamos de cousas que podemos ou non podemos facer nenos e nenas. Chegamos á conclusión de que non hai nada que uns poidan ou non facer con respecto  aos outros, eso si, despois de falalo un pouco porque os estereotipos seguen a estar presentes (afortunadamente cada vez en menor medida). Os contos axudan a velo doutro xeito:


                                        5º A


5º B 


Nas aulas de 6º  reflexionamos sobre o libro "Cuando las niñas vuelan alto" e cada unha e cada un pintouse unhas ás para poder voar e chegar a ser o que queiramos sin que ninguén nos poña pedras no camiño.



5anos "A"



5 anos "B"


sábado, 21 de noviembre de 2020

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

 O día 20 de novembro conmemórase o día dos dereitos dos nenos e das nenas. Así o plasmamos nas nosas aulas:

aula 4º A

aula 4ºB

               

aula 5ºB





                                     aula 5º A. Compartimos o 4º dereito da Infancia con 5º B
                     


aula 6º A

En 5 anos traballamos, sobre todo, o 5º dereito: "dereito a educación e atencións especiais para os nenos e nenas con discapacidade"

aula 6º B

jueves, 19 de noviembre de 2020

VISITA DO ELFO BREOGÁN

 Esta mañá tivemos unha sorpresa en forma de visita moi especial: estivo no cole o elfo Breogán que axuda a Papa Noel, os Reis Magos e máis o Apalpador coas tarefas que se lles achegan nestas datas.

Quería saber se nós cumplimos coas normas de prevención da Covid e marchou moi contento xa que comprobou que os nenos e as nenas de Wences sabiamolas todiñas.

4º A

4º B



                                                                              5º A

                                                                      

5º B


6ºA

6º B



lunes, 16 de noviembre de 2020

NOVIDADES NO DESEÑO DO BLOG

TEMOS CAMBIADO RECENTEMENTE UN POUQUIÑO O ASPECTO DO NOSO BLOG. AGORA HAI UNHA PÁXINA CORRESPONDENTE A CADA AULA, POLO QUE AS ACTIVIDADES ESPECÍFICAS DE AULA SAÍRÁN NESA PÁXINA CONCRETA. DE TODOS XEITOS POÑEREMOS UN AVISO NA PÁXINA PRINCIPAL PARA QUE NON TEÑADES QUE ESTAR PENDENTES.
NA PÁXINA PRINCIPAL SEGUIREMOS A PUBLICAR CONMEMORACIÓNS, RECURSOS OU AVISOS COMÚNS PARA TODO INFANTIL.

miércoles, 11 de noviembre de 2020

TRABALLIÑOS DE MAGOSTO

 Estivemos toda a mañá traballando sobre o tema: aprendendo cancións e poesías, bailando ao son da música, escoitando contos, escribindo palabras, contando castañas e facendo manualidades .... unha morea de cousas! Mirade:











lunes, 9 de noviembre de 2020

MAGOSTO 2020

 Ao redor do san Martiño (11 de novembro) é costume celebrar a festa do Magosto en Galiza. No cole acostumamos a facelo, pero este ano terá que ser de xeito moi diferente, evidentemente.

Dende o equipo de  Dinamización da Lingua propóñennos elaborar algunha receita con CASTAÑAS. Se vos animades, podedes enviar ao correo wencescogalego@gmail.com  unha receita, unha foto ou pequeno vídeo (máximo 1 minuto, gravado en horizontal). Tedes ata o 16 de novembro para facelo!

Tedes coma sempre máis información e recursos na nosa aula virtual (na páxina web do cole, na pestana AULA VIRTUAL no curso 2020/2021 no apartado DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA).



viernes, 30 de octubre de 2020

LETRAS GALEGAS 2020

 Este ano a celebración das LETRAS GALEGAS trasladouse do 17 de maio ao 31 de outubro por mor das circunstancias excepcionais nas que estamos. Adicámoslle un tempo de traballo ao escritor que se lle rinde homenaxe, RICARDO CARVALHO CALERO.

Na aula de 3 anos B primeiro contamos na PDI o conto de "As pitas baixo choiva", despois bailamos a canción do conto e por último fixemos un debuxo no que escribimos o título a nosa maneira e debuxamos como artístas!! Mirade, mirade...



Noutras clases tamén debuxamos, falamos e escribimos sobre deste autor: