sábado, 22 de diciembre de 2012

Festival

Por fin chegou o venres e celebramos o festival de Nadal. Mostramos diante dos nenos de 1º, 2º e 3º de Primaria que somos uns artistas fantásticos.


Ahí vai a mostra do ben que o fixeron:


Os máis pequenos do cole (3 Anos A e B) cantaron "Ande, ande, ande".
 




Os nenos de 4 anos escenificaron a panxoliña  "A árbore de Nadal".

Podédela escoitar aquí 
A árbore de Nadal







 Os nenos de 5 anos escenificaron e cantaron "O piñeiro de Belén".





Tamén se entregaron os premios dos concursos que tiveron lugar no primeiro trimestre.
Noraboa aos gañadores!

Concurso de cabazas

Concurso de Marcapáxinas

 Felices Festas!



Portádevos ben que os Reis
están en camiño...

Vémonos o martes 8 de xaneiro de 2013.




miércoles, 19 de diciembre de 2012

Visita de Papá Noel

 
O primeiro trimestre está a piques de rematar e ... 
¡andamos todos moi excitados!
 
 
Hoxe visitounos Papá Noel e dous dos seus elfos.
Falou con nós e lembrounos que temos que portarnos ben,comer de todo, lavar os dentes, traballar no cole, etc.

Qué emoción cando sentamos a carón del para facer a foto!
 

 
Despois recolleu as nosas cartas e prometeu facer o posible para traer o que lle pedimos... a pesar da crise.

martes, 18 de diciembre de 2012

Festa de Nadal

Como o ano pasado, este curso tamén queremos que vexades canto traballaron os vosos fill@s para a festa de Nadal do cole.

O noso ensaio de portas abertas será o xoves 20 ás 13h. O centro abrirase  de 12:45h. a 13h. e despois pecharanse de novo as portas para non interromper o normal desenvolvemento das actividades lectivas de Primaria. 
Debido ao reducido do espazo rogamos que só asistan á actuación un máximo de dous adultos por nen@.
 
O festival de Nadal do cole é o venres 21 e está únicamente dirixido aos alumnos do centro.

lunes, 17 de diciembre de 2012

Ollo co piollo!


Este outono os piollos parecen ser máis resistentes que outros anos, por iso poñemos no voso coñecemento unhas páxinas web que vos poden dar moita información sobre eles:
Piojosfuera
Infopiojos
Asociación Española de Pediatría


A infestación de piollos non é unha causa de ocultación ou vergonza xa que non está vinculada á falta de hixene. É moi frecuente entre os 3 e 11 anos e parece afectar máis a nenas de cabelos finos.
Ainda así, debemos lembrar que, polo ben de todos, os nen@s afectados non deberían voltar ao colexio ata que se traten e poñan en práctica os seguintes consellos:
 
- Aplicar Permetrina ó 1% segundo as indicacións do fabricante. Peitear o cabelo húmido cun peite metálico para lendias, para quitar as lendias e os piollos mortos. Repetir o tratamento unha semana máis tarde.
(O peiteado debe repetirse cada dous días durante a lo menos dúas semanas).
- Lavar (a unha temperatura mínima de 55 grados) a roupa interior, toallas, roupa de cama en uso e ourtras roupas e obxetos do nen@ infrestado usados dende dus días antes.
- Aquelos obxectos que non se pode lavar (peluches, bonecos, cintas para o cabelo,...) pecharanse nunha bolsa durante dúas semanas ou ben lavaranse en seco. En calquera caso, débense afastar.
 - Fregar cepillos e peites con alcol ou ben con auga quente a 55 grados, ou con xabón polo menos durante unha hora.
 - Aspirar alfombras e mobles tapizados.
 - Non compartir roupa deportiva, bufandas, cintas para o cabelo , e outros obxectos perosais..
 



sábado, 15 de diciembre de 2012

CONCURSO MARCAPÁXINAS

Xa temos escollidos os gañadores do concurso de marcapáxinas convocado para conmemorar o día da biblioteca. O tema era "AS OLIMPIADAS" e os nen@s fixeron as súas reproduccións na medida das súas posibilidades. Hai dúas categorías, e temos unha gañadora en infantil, ademais de un premio por clase.
No enlace do blog da biblioteca tedes toda a información.
Ángela  5 anos B


NORABOA!!!!

miércoles, 12 de diciembre de 2012

XA CHEGA O NADAL

Coma xa se aproximan as festas navideñas no cole estamos a contaxiarnos do espiritu propio destas datas. Estamos aprendendo panxoliñas, ensaiando o noso festival, adornando as aulas e facendo un montón de actividades relacionadas co tema. Xa vos iremos informando.

viernes, 30 de noviembre de 2012

PENSANDO, PENSANDO ...





Hoxe tivemos unha desas sesións de "aprender a pensar" que tanto fan traballar ás nosas neuronas e das que saen tantas aprendizaxes interesantes, poñendo en común as ideas propias coas dos compañeir@s. Queremos compartila con todos vos: tratábase de explicar diferentes adxectivos que definen persoas a traves dos nomes dos ananiños que Disney fixo tan famosos, e este foi o resultado das definicións e de buscar na clase alguén con esas características:

QUE É SER SABIO?:
  • "que es viejo"
  • "que sabe muchas cosas"
  • "lleva gafas para ver mejor todo"
  • "que apunta cosas"
  • "que inventa cosas"
NA CLASE: "yo", "yo", "yo", .... (case todos), "la profe", ...

QUE É SER TÍMIDO?:
  • "que no quiere hablar"
  • "que no quiere decir nada"
  • "que le da miedo/ vergüenza"
NA CLASE: "yo a veces", "a mi me da vergüenza a veces decir hola", "que me hable alguien que no conozco", "un día me dio vergüenza cantarle una canción a mi papá", "a mí nada", ...

QUE É SER MUDITO?:
  • "que no habla"
  • "que no es fuerte como los demás"
  • "que no puede hablar, que está malito"
NA CLASE: "nadie", "pero una niña de otra clase no habla bien"

QUE É SER MOCOSO?:
  • "que le caen los mocos"
  • "que no se suena"
  • "que se limpia con el dedo los mocos"
  • "que tiene que coger un pañuelo"
NA CLASE: (varios nomes de nenos e nenas acatarrados)

QUE É SER DORMILÓN?:
  • "que duerme mucho"
  • "que quiere dormir mucho"
  • "que quiere dormir y no puede"
  • "que duerme todos los días"
NA CLASE: "yo cuando estoy malito", "yo sobre todo por las mañanas", ...

QUE É SER FELIZ?:
  • "estar contento"
  • "estar contento todos los días"
NA CLASE: "yo", "yo", "yo", "yo".... (afortunadamente tod@s)

QUE É SER GRUÑÓN?:
  • "que está enfadado"
  • "que está triste"
  • "que siempre está tonto"
NA CLASE: "yo siempre me enfado", "yo cuando un niño me da", "cuando un niño no juega conmigo", "cuando otro se chiva", ...

    Que vos parece? Tan espontáneos ...

(sesión realizada o 22 de novembro de 2012 con alumn@s de 4 anos)

miércoles, 28 de noviembre de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

Os nenos e nenas de 5 anos estamos participando nunha actividade da biblioteca do cole moi interesante agora que estamos tan inmersos no proceso da lectoescritua. Unha mochila chea de libros e outras  cousas que podemos atopar na biblioteca está visitando cada unha das nosas casas para facer disfrutar a toda a familia durante unha semana.
Tedes unha mostra dalgunhas produccións realizadas no enlace do blog da biblioteca, á dereita desta páxina.
Esperamos que vos gusten ....

martes, 20 de noviembre de 2012

CARTEIS INFORMATIVOS

Dende o equipo de profes de actividades extraescolares chega unha nova proposta moi interesante: os compañeir@s de primaria están a elaborar uns carteis que logo veñen presentarnos e entregarnos ás diferentes aulas sobre cousas cotidianas que está ben recordar: QUE VEÑAMOS CONTENTOS AO COLE, QUE COMAMOS A MERENDA, ...
Está ben esto de aprender dos nen@s maiores!



EN INFANTIL PLANTAMOS

Estamos a realizar estes días en todas as aulas do cole unha plantación de outono coa esperanza de que obteñamos coma resultado o nacemento de unha boa morea de arboriñas que logo trasplantaremos ás zonas verdes do noso entorno.
Temos dúas macetas en cada aula, unha con castañas e outra con noces, que coidamos con esmero botándolle auga a miudo e poñéndoas nun lugar luminoso. Estamos desexando ver o resultado pero aínda teremos que esperar.
A ver cantos castaños e nogueiras conseguimos!!!

martes, 13 de noviembre de 2012

4 ANOS .... BLANCANIEVES!

Os alumn@s de 4 anos comezamos a traballar o conto de "Blancanieves e os sete ananiños" como xa moit@s saberedes. Seguro que en todas as casas tedes algo relacionado con el, así que esperamos moita colaboración desta vez (se podedes poñédelle o nome en todo o que traian ao cole para compartir cos compañeir@s).
Gracias a tod@s.

NOVA PAXINA WEB

Vimos de renovar a páxina web do noso cole polo que sería interesanter que lle botarades unha ollada. Tedes un enlace directo dende a páxina principal deste blog de infantil, no lado dereito.
Na nova páxina web podedes obter información sobre o funcionamento do cole, saídas previstas (no apartado "actividades"), horarios de atención e outros aspectos do voso interese.
Esperamos que vos resulte práctica e útil.

viernes, 9 de noviembre de 2012

CASTAÑAS ASADAS ... QUE BOAS ESTÁN!

OUTONO BONITO
FOLLIÑAS NO CHAN
CASTAÑAS ASADAS
QUE BOAS ESTÁN!
 
   Esta mañá vimos de desfrutar dunha maravillosa xornada festiva no noso cole. O tempo meteorolóxico non puido acompañar mellor para que os nen@s participasen nun magosto realmente especial.
    En infantil comezamos ben cediño a xornada para realizar un circuito de xogos tradicionais que nos entusiasmaron: os birlos, o pañueliño, encestar a castaña, as carreiras, a busca do tesouro e castaña crúa-castaña asada puxéronnos en movemento e abríronnos o apetito polo que a degustación das castañas foi todo un éxito. Durante toda a mañá un grupo de profes e alumn@s estiveron asando castañas para que todo saíra á perfección. E, para rematar, tivemos música en vivo gracias á gaita, á pandeireta e ao tambor cos que nos animamos a bailar ao estilo máis tradicional.
     Esperamos que tod@s leven un bo recordo e moito que contar na casa.
    Agradecemos coma sempre a vosa colaboración e a dos profes de primaria que nos botaron unha man cos "peques" do cole.


 
 






 
 
 
 
 
 
 
 

jueves, 8 de noviembre de 2012

OUTONO DE CIENCIA

Talleres y espectaculos para niñosNo ano 2001, a UNESCO decidiu declarar o 10 de Novembro como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento coa finalidade de promover a utilización responsable da ciencia en beneficio das sociedades.
Dende hai tres anos, a celebración da UNESCO foi adoptada nos centros educativos galegos como Día da Ciencia e da Tecnoloxía en Galego. Este ano  propónse centrar a celebración na tecnoloxía e nas figuras de Leonardo da Vinci e mais do galego Ramón Verea, inventor, entre outras cousas, dunha das primeiras calculadoras.
Para acercarnos á ciencia, nada mellor que uns experimentos que podemos facer na casa:
10 Experimentos para niños 
¡Animádevos!
 

martes, 6 de noviembre de 2012

MAGOSTO 2012

Este ano celebraremos o magosto no cole o vindeiro venres 9 de novembro. Pedimos as castañas (que leven un corte feito para que non rebenten ao asar) que algún dos profes do cole vai estar asando durante a mañá no patio, así os nen@s verán o proceso tradicional.
Teremos tamén unha sesión de xogos tradicionais na que os alumnos de infantil poderán xogar ás carreiras, aos birlos, a castaña crúa castaña asada, á castaña pasou por aquí, á busca da castaña ou a encestar o castañazo.
Para rematar cantaremos unha canción que o profe de música nos ensinou a todos os nen@s do cole "Dona Castaña", así que a diversión está asegurada, só nos queda que o tempo acompañe.... 

RECEITAS DE OUTONO

Dende o Equipo de Biblioteca e o de Normalización Lingüística do cole hai unha proposta para realizar un LIBRO DE RECEITAS DE OUTONO que estará dispoñible, unha vez elaborado, na propia biblioteca.
Pedimos a vosa contribución, para o cal os nenos están a levar eses días unha folla na que teredes que apuntar algunha receita sinxela de cociña que se elabore con produtos típicos destas datas de outono (froitos secos, castañas, mazás, cabaza, ....). Trátase dunha actividade para facer cos rapaces xa que eles poden facer un debuxo relacionado coa receita correspondente.
Deberá estar escrita en galego, pero non vos preocupedes pola corrección que ten moito máis valor a boa intención!!!!
Graciñas dende xa. Seguro que os vosos fillo/as participarán encantado/as.

                                  O PRAZO DE ENTREGA REMATA O 14 DE DECEMBRO

domingo, 28 de octubre de 2012

COMER FROITA É DIVERTIDO!



Todo un éxito a FESTA DA FROITA DO OUTONO dos nen@s de 4 anos!
A través da vista, o olfacto, o tacto e o gusto aprendemos cousas sobre das froitas que trouxeron: mazás, kiwis, granadas, mandarinas e caquis.

 



 
E o mellor foi o fin de festa: coma todos comeron, ou alomenos probaron, todas as froitas, descubrimos que de unha mazorca de millo podemos obter ...
PALOMITAS!!!!!!
Qué ricas! Ahí si que estivemos todos dacordo!
 
 




jueves, 25 de octubre de 2012

Halloween-Samaín



Para ir ambientando o Samaín nada
mellor que un bó libro que ademáis 
 podemos escoitar gracias a versión
que del fixo MAMÁ CABRA.

Canción: Corre, corre cabaciña (MAMÁ CABRA)


Aquí tedes outras cancións con moito ritmo que escoitaremos estos días na escola:

 

lunes, 22 de octubre de 2012

XA CHEGOU O OUTONO!

Nótase a chegada do outono polas nosas rúas e parques, polo noso barrio, pero tamén dentro do noso cole estamos a ambientar os diferentes espacios con motivos propios da estación do ano na que estamos. Aprender tamén é divertido:

 

exposición realizada polos alumn@s de 5 anos na entrada do cole





murais realizados polos alumn@s de 3 anos
 



jueves, 11 de octubre de 2012

A SEREÍÑA

Os alumn@s de 4 anos estamos a traballar no conto de "A Sereíña". Aprendemos moitas cousas sobre o mar e os peixes e confeccionamos un bonito mural para a entrada do cole:


 Para facelo utilizamos moitas técnicas: pintamos con rodelo, debuxamos, coloreamos, recortamos, pegamos, fixemos collage, picamos, .... A que vos gusta? Quedou ben bonito!

domingo, 30 de septiembre de 2012

4 anos ...

Os alumn@s de 4 anos estamos a repasar moitas das cousas que aprendimos o curso pasado posto que nós xa sabemos o que é volver ao cole.
Temos dúas compañeiras novas ás que demos a benvida e estamos a ensinarlles os diferentes espacios e hábitos do noso cole.
Seguro que este novo curso ten moitas boas novas agardando para tod@s nós.
 
 
 
 
Este curso comezamos traballando o conto "A SEREÍÑA" e todo o relacionado co tema do mar. Axudádesnos?????
 

martes, 25 de septiembre de 2012

PSICOMOTRICIDADE

Os días que os alumnos terán psicomotricidade ao longo do curso serán:

                        3 anos:  XOVES
                        4 anos: VENRES
                        5 anos A: VENRES
                        5 anos B: XOVES

Lembrade que traian roupa cómoda, tenis sen cordóns e que non traian accesorios.
Comezaremos as clases esta semana.

miércoles, 19 de septiembre de 2012

ADAPTACIÓN 3 ANOS

Xa queda menos!
Ainda que a algún d@s nov@s alumn@s  lles custa dicir adeus a mamá/papá/avós, aos poucos minutos todos están disfrutando no seu novo cole (e máis cando imos ao patio   das bicis e ao tobogán).
Aquí van unhas imaxes para confirmalo:



 
Moitos xa son quen
de facer a fila, ir sós
ao baño, pedir axuda
ás profes, merendar sentados, xogar coa plasti...


 ¡Aprenden moi rápido!
 

viernes, 22 de junio de 2012

FIN DO CURSO 2011/2012

Agora si que si o curso rematou. Esta mañá tivemos unha xornada realmente festiva e os alumn@s disfrutaron moitísimo con todas as actividades que lles preparamos, estaban moi emocionados (en todos os sentidos) e esperamos que lles quedara un bo sabor de boca para a volta ao cole alá por setembro.
Tivemos festas nas aulas, despedíronse de todas as súas profes, o patio tamén foi especial e, coma fin de festa, o noso festival resultou todo un éxito. Moitísimas gracias a tod@s: pais, nais, avós e demais que nos viñestes acompañar hoxe.
Gracias polos vosos aplausos e por tantísimos xestos de cariño coma tivemos todas as profes que pasamos día a día  do curso cos vosos fill@s.

 






FELIZ VERÁN PARA TOD@S!!!!!

AS PROFESORAS DE INFANTIL