sábado, 24 de marzo de 2018

TEATRO NO FORUM

Os nenos e nenas de 4 anos rematamos o trimestre cunha saída ao Foroum Metropolitano. Asistimos á representación teatral DANZA  DA  CHOIVA. Cunha posta en escena moi sinxela e con moito humor esta obra trata de facernos ver os problemas derivados da falta de auga. Remata cunha invitación dos actores a reflexionar sobre as consecuencias do cambio climático que estamos a sufrir.

Na saída tivemos un pequeno agasallo, unha regadeira que levamos para a casa e que tamén é protagonista nesta obra.


viernes, 23 de marzo de 2018

COMUNICADO DAS PROFES

De xeito único e excepcional, queremos recordarlles que este blog nace de forma voluntaria como unha ferramenta de información e comunicación entre a escola e as familias.

En ningún caso pode ser utilizado coma unha rede social para polemizar ou facer comentarios descalificativos de forma anónima contra outros membros da comunidade educativa.

Igualmente, informamos que toda a nosa actividade educativa regúlase tendo en conta as leis de esixido cumprimento que rexen a educación infantil: LOE, LOMCE, e os Reais Decretos e Ordes que as desenrolan.

Moitas grazas e felices vacacións!

HAPPY EASTER!

Os de 5 rematamos o trimestre facendo unha actividade de inglés moi divertida: estivemos a buscar "easter eggs" polo xardín do cole. As profes Isa e Cloti deron boa conta de agochalos e nós estivemos encantados de atopalos.
Para facer un reparto máis equitativo xuntamos todos e despois repartimos: ningunha cesta quedou baleira!
Agora xa só nos queda desexarvos un HAPPY EASTER!




CONTOS CON MIMO: NAIS DE NAYARA, ADAY E ARIADNA

Os de 5 desfrutamos esta mañá de 3 contos moi diferentes e moi interesantes contados por nais de B:
Primeiro Bea trouxo o conto favorito de Nayara "La ardilla miedosa" que nos fixo pensar un pouco en como podemos vencer os nosos propios pesadelos.



Despois Sonia contou un conto de Bolechas que a Aday lle gusta moito "O Rato Pérez" e que nos fixo rir a gargalladas.


Para rematar Sandra, nai de Ari, colleu un conto da nosa biblioteca, todo un clásico, "Carapuchiña Vermella". E cando estaba a piques de finalizar ....faltáballe unha páxina! así que tivemos que imaxinar un remate para a historia (non nos custou moito). Decatámonos da importancia de tratar con moito coidado os libros que collemos prestados.



Graciñas ás tres!

IT´S EASTER TIME!

As profes de inglés estiveron a traballar EASTER estes días connosco. Aprendemos algo máis desta tradición, algún vocabulario e canción, fixemos manualidades, ... unha morea de cousas:

3 anos

4 anos

5 anos

CUMPLES DE MARZO

Rematamos marzo con festas nas clases de 3 anos porque Miguel e Ainhoa súmanse ao clube dos 4 anos!!



Parabéns pequerrechos, e moitas grazas familias pola vosa colaboración!!

jueves, 22 de marzo de 2018

CONTOS CON MIMO: A TÍA DE VALERIA

Hoxe veu Isa a visitarnos, a tía de Valeria da clase das Xirafiñas.

Contounos o conto de "Camuñas", un bruxo que non cortaba as uñas!!

É un conto moi chulo e moi divertido, se non o coñecedes animámosvos a botarlle unha ollada.




Moitas grazas por compartir un anaquiño de lectura connosco!!

martes, 20 de marzo de 2018

CONTOS CON MIMO: OS PAIS DE LUCÍA DE 4 ANOS A

Onte os nenos e nenas de 4 anos tivemos a visita dos pais de Lucía de 4 anos A.

A Nai de Lucía contou a historia duns irmáns osos e o seu pai 3 historias de nenos e nenas con superpoderes que nós tamén podemos chegar a ter.

Gracias por compartir  un anaquiño do voso tempo connosco!

CONTOS CON MIMO: O PAPÁ DE XOEL

Onte Alfredo, papá de Xoel da clase dos Cabaliños, veu a contarnos un conto.
Ao final foron tres historias: "El viaje del señor Coc", "Que seré cuando crezca" e "Os números".



Moitas grazas pola visita!!

lunes, 19 de marzo de 2018

CONTOS CON MIMO: NAIS DE NAIA, JUAN E MAURO

O pasado venres tivemos outra sesión de contacontos á altura dos maiores:



En primeiro lugar Miriam, nai de Naia de 5 A, contounos "La mona saltarina", "El payaso que no quería hacer reír" y "La oruga glotona". Naia e a súa moniña axudaron requetebén. E todos colaboramos entusiasmados.













Despois chegaron a nai de Juan de 5 B, Lucía, e a súa afillada, Tamara, que nos contou un clásico que algún non coñecía: "Pinocho". A todos nos gustou moito.


E para rematar Maite, nai de Mauro de 5 B, trouxo o conto favorito do seu fillo "Chivo Chivón" que nos fixo rir, e un dos Bolechas sobre o corpo que nos fixo lembrar cousas que xa sabiamos e aprender outras novas.









Coma sempre, moitísimas gracias a todas por compartir o voso tempo connosco!

jueves, 15 de marzo de 2018

CONTOS CON MIMO: O PAPÁ DE MATEO

Hoxe tivemos unha nova sesión de Contos con mimo na clase das Xirafiñas, o papá de Mateo Pazos contounos a historia de "Plumero" un dragón diferente ao resto e un pouco temeroso que finalmente vence todas as dificultades!!

Gustounos moito, e como chegou a pouco os peques pedíronlle que lera un conto e eleximos "O soño do galo".



Moitas grazas pola visita Daniel!!! Ata a próxima!!

domingo, 11 de marzo de 2018

CONTOS CON MIMO: NAI DE MIGUEL E PAIS DE ALÍS

Este venres foi o turno para a nai de Miguel, de 5 B, que nos contou un conto dun crocodilo e máis a lúa.













Despois os papis de Alís, tamén de 5 B, contaron "Amor de botón" e, coa axuda de Alís, "Orellas de bolboreta".
Gustáronnos todos un montón!
Graciñas!

jueves, 8 de marzo de 2018

5 ANOS NO MUSEO DE BELAS ARTES

O pasado mércores os alumno/as de 5 anos visitamos este museo e aprendemos moito sobre da arte. Estabamos moi motivados xa que xusto estamos a traballar unha unidade relacionada co tema: estes días vades escoltar falar moito de pinturas, esculturas, materiais, obras famosas, pintores, ... así que esperamos a vosa colaboración.
Desfrutamos moito do que alí vimos, das explicacións e mesmo da ficha que fixemos. Gustounos tanto que estivemos supertatento/as!






miércoles, 7 de marzo de 2018

BONECOS DE NEVE

Aproveitando este inverno tran frío en 4 anos estamos a desenvolver un pequeno proxecto sobre o frío, a auga e zonas polares. Nas nosas clases fixemos unha manualidade que esperamos que vos gustara. Só temos que soprar para que se forme unha tormenta de neve!!!






martes, 6 de marzo de 2018

FESTIVO LOCAL

Recordámosvos que o vindeiro xoves 8 de marzo é festivo local polo que non haberá clase.




Vémonos o venres!!

lunes, 5 de marzo de 2018

CONTOS CON MIMO: O PAPÁ DE MIGUEL

Hoxe os cabaliños estrenáronse nos Contos con mimo da man de Miguel, o papá de Miguel.

Contounos o conto de Garvancito, e como podedes ver polas caras dos peques, estivemos moi atentos e gustounos moito!!


Moitas grazas pola visita!!