viernes, 23 de marzo de 2018

CONTOS CON MIMO: NAIS DE NAYARA, ADAY E ARIADNA

Os de 5 desfrutamos esta mañá de 3 contos moi diferentes e moi interesantes contados por nais de B:
Primeiro Bea trouxo o conto favorito de Nayara "La ardilla miedosa" que nos fixo pensar un pouco en como podemos vencer os nosos propios pesadelos.



Despois Sonia contou un conto de Bolechas que a Aday lle gusta moito "O Rato Pérez" e que nos fixo rir a gargalladas.


Para rematar Sandra, nai de Ari, colleu un conto da nosa biblioteca, todo un clásico, "Carapuchiña Vermella". E cando estaba a piques de finalizar ....faltáballe unha páxina! así que tivemos que imaxinar un remate para a historia (non nos custou moito). Decatámonos da importancia de tratar con moito coidado os libros que collemos prestados.



Graciñas ás tres!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!