sábado, 3 de marzo de 2018

CONTOS CON MIMO: NAIS DE PABLO, LUCÍA, PAULA E NOA E PAI DE ALICIA

Que éxito está a ter a nosa convocatoria a familias para contarnos contos na biblioteca!
E nós estamos  entusiasmad@s!
A pesares da intensa xornada matutina de hoxe, atendemos con moito interese ao longo de todos estes contos:

Comezamos con Cristina, nai de Pablo e Lucía de 5 B, que nos contou un conto da nosa biblioteca: "Quen levou a lúa?"



A continuación Sonia axudada pola súa filla Paula, de 5 A, contáronnos "O galo que perdeu o seu pico" con axuda de imaxes e ata unha canción.



Despois tocoulle o turno a Suso, pai de Alicia de 5 A, que chegou cargadiño de contos: "Monstruo rosa", "La ovejita que vino a cenar" e "Te quiero (casi siempre)", todos con mensaxe incluida.



E, finalmente, Celia nai de Noa de 5 B contounos "El pez Arco Iris", que non por ser o último gustou menos, nada diso!  


Moitísimas gracias aos catro e noraboa a estes campións por tanta atención, ...nótase que somos os maiores de infantil!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!