O pasado venres tivemos outra sesión de contacontos á altura dos maiores:
En primeiro lugar Miriam, nai de Naia de 5 A, contounos "La mona saltarina", "El payaso que no quería hacer reír" y "La oruga glotona". Naia e a súa moniña axudaron requetebén. E todos colaboramos entusiasmados.
Despois chegaron a nai de Juan de 5 B, Lucía, e a súa afillada, Tamara, que nos contou un clásico que algún non coñecía: "Pinocho". A todos nos gustou moito.
E para rematar Maite, nai de Mauro de 5 B, trouxo o conto favorito do seu fillo "Chivo Chivón" que nos fixo rir, e un dos Bolechas sobre o corpo que nos fixo lembrar cousas que xa sabiamos e aprender outras novas.
Coma sempre, moitísimas gracias a todas por compartir o voso tempo connosco!
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!