sábado, 24 de marzo de 2018

TEATRO NO FORUM

Os nenos e nenas de 4 anos rematamos o trimestre cunha saída ao Foroum Metropolitano. Asistimos á representación teatral DANZA  DA  CHOIVA. Cunha posta en escena moi sinxela e con moito humor esta obra trata de facernos ver os problemas derivados da falta de auga. Remata cunha invitación dos actores a reflexionar sobre as consecuencias do cambio climático que estamos a sufrir.

Na saída tivemos un pequeno agasallo, unha regadeira que levamos para a casa e que tamén é protagonista nesta obra.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!