lunes, 16 de marzo de 2020

GANAS DE CONTOS??

Imaxinamos que xa tedes lidos os vosos contos unha milleira de veces así que vos propoñemos algunha alternativa para asistir a contacontos dende o sofá.

  

Na canle de Youtube "Smart Locuciones" ás 12 da mañá fan un contacontos en directo. Se vos perdíchedes o de hoxe podedes velo na súa canle. 

Coñecedes a Sonia Hermida de "O mundo ao revés"? Tamén abre a súa biblioteca para nós, este non é en directo pero o sube a media mañá. Tamén tedes a opción de velo en Instagram.

Nas redes hai miles de opcións, outra que queremos compartir, porque xa a vimos e pareceunos moi amena, e LeoVeo. Neste caso  faino dende a súa conta de Intagram ás 19 horas, pero como os vídeos nas historias de Instagram duran 24 horas, se non o vedes en directo tedes máis oportinidades, e podedes organizar as sesións de contacontos ao longo do día. 

 Se coñecedes algún máis que queirades compartir, aquí estamos!! 
Esperamos que vos gusten e escoitemos moitos contos diferentes!! 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!