Apetécevos un xogo de lóxica? Facemos un sudoku?
O sudoku é un xogo de lóxica matemática que fomenta a atención e a concentración. Trátase de ir completando as casillas baleiras sen repetir símbolos na mesma fila, nin na mesma columna, nin na mesma caixa. Neste que vedes na foto, ao ser tan sinxelo, xa non se ten en conta a caixa, pero nos que xa teñen 4x4 casillas si.
Na aula virtual, no noso recuncho de infantil, temos un apartado para este xogo. Alí podedes atopar un arquivo pdf. con moitas opcións para xogar: máis sinxelos, máis complexos, con debuxos, con números... ao gusto e a capacidade de cada quen.
Tamén temos algún enlace para xogar online.
Outra proposta pode ser xogar vos a facer un sudoku cos materais que teñades por casa: pezas, bloques, bonecos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!