jueves, 26 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA XOVES 26: XOGAMOS CON CANTIDADES

Con algún obxecto cotiá que teñamos pola casa (garabanzos, botóns, pinturas, cocheciños,...) podemos facer conteo do número total que temos, comparalo con outro grupo de cousas, onde hai máis e menos, ordenar as cantidades, asocialo coa grafía, ...




Tamén podemos facer "sumas" ou "restas" (cada quen en función das súas posibilidades o faremos máis sinxelo ou máis complicado), que pasa que quito un coche?, e se poñemos dous máis?...

Logo podemos compoñer e descompoñer os números. Na 1ª imaxe, podedes ver como o facemos coa casiña do número elexido, (podedes facelo co dado, a elección da nena...) e repartimos aos invitados a esta casiña en dúas habitacións, de cantos xeitos podemos facelo sen repetir?

 


Se despois queredes reflectilo nun papel poden facer un debuxo cunha cantidade determinada deses obxectos e escribir os números correspondentes, incluso plasmando a operación (na medida das súas posibilidades).


Como nesta proposta as actividades son xenéricas, de xeito que se poden adaptar a todas as idades, complicándoas máis ou menos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!