miércoles, 25 de marzo de 2020

PROPOSTA PARA MÉRCORES 25: QUE TEMOS HOXE DE COMER?

A  actividade que propoñemos hoxe é moi saborosa, por que non axudar ao noso cociñeiro ou cociñeira a preparar o menú do día? Igualiño que no restaurante de moitas estrela Michelin.
Preguntade que se vai facer hoxe para comer e poñedeo por escrito nun folio ou debuxadeo e poñedeo nun lugar da casa onde se vexa ben para que todos sepan o que temos de menú.
Podemos facelo só para a comida do medio día ou tamén para a cea.
Aquí deixamos un exemplo de ficha pero vos facedea como máis vos guste.
BO PROVEITO!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!