Hai uns días pedímosvos debuxos das vosas casas, habitacións, cociñas, salóns,.. e este é o resultado:
Vemos que estades a traballar un montón, sabede que eso ás profes nos alegra moito.
Queremos deixar tamén unha mostra das cousas que estades a facer nas vosas casas con axuda das vosas familias.
Moitas son propostas das que as profes elaboramos a diario para tod@s vós, pensando no que vos pode apetecer facer e intentando que sexan variadas e atractivas, sen que deixedes de aprender moitas cousas interesantes que, de seguro, vos axudaran no futuro cando tod@s voltemos ás aulas. Tamén poderedes ver algún compi, a través da pantalla alómenos:
Algúns nos ensinan os seus debuxos con maxia, traballos de papiroflexia e outra compi nos conta como lle ensinou a súa avoa a dicir os dedos das mans, mirade:
Sabemos que estades cansos, que xa levamos moito tempo sen poder saír, pero hai que pensar que xa queda menos e que axiña voltaremos a vernos. Eso desexamos todas as profes do equipo de infantil do Wenceslao.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!