miércoles, 22 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O DÍA 22 : ARTE

A proposta de hoxe vai con moita ARTE.
Neste curso os nenos e nenas de 4 anos tiñan programada unha visita á Casa-museo de Picasso na Coruña. Como non foi posible queremos compartir esta actividade con todos e todas para que usedes a vosa imaxinación e creatividade, que tedes moita para copiar e superar a Picasso.

A idea é traballar os seus fantásticos retratos.

Aquí deixamos un vídeo da súa vida e obra, un montón de suxerencias para facer con material que seguro tedes por casa e uns enlaces por si queredes seguir investigando autores, obras, museos, onde hai propostas para tod@s.

Tamén teredes unhas plantillas AQUÍ para descargar e pintar.

Compartide as vosas creacións que de seguro serán fantásticas.

Enlaces Museo del Prado:
La fragua de Vulcano.Velázquez
La familia de carlos IV. Goya.

Museo Picasso de Málaga

Museo Casa-Museo Picasso

AFUNDACIÓN









Moitas grazas por compartir connosco as vosas obras de arte!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!