Dentro de poucos días poderemos saír da casa un anaquiño.
Sabemos que podedes estar nerviosos, emocionados, inquedos, asustados...
Tedes que estar tranquiliños e atender as indicacións que vos darán os maiores.
Cando saiades gozade da saída cos sentidos! Escoitade ao voso arredor, percibide cada olor, ollade ao ceo... pero tocar non!! Aproveitádea ao máximo!
Para explicarvos un pouquiño o que temos que facer durante as nosas saídas deixámosvos un par de contiños:
Este é un traballo da psicóloga infantil Carmen Esteban:
E este ven da man das compañeiras do Servicio Psicopedagóxico do Centro María Corredentora, e está acompañado por pictogramas que poden axudar aos peques a comprender mellor o que teñen que facer:
Moito ánimo!
E coma sempre, se queredes compartir este momento tan especial (e estraño, seguramente...) con nós: eiwenceslao@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!