Que vos parece se plantamos unha faba, lentella, ...algo de que teñamos pola casa?. Metémola nun tarriño de cristal xunto con un pouquiño algodón ou papel humedecido e agardamos uns días.
Trátase de observar e coidar a nosa plantiña.
Os máis pequenos podedes facer un debuxo cando a planta vaia crecendo, podedes escribir "RAIZ", "TALO" e "FOLLAS" nas diferentes partes.
Os maiores ademais do anterior poden escribir tamén os pasos que seguiron no proceso:
1.- METER O PAPEL/ALGODÓN NUN TARRO
2.- POÑER A FABA/LENTELLA DENTRO
3.- BOTAR AUGA
4.- COLOCAR NUN LUGAR SOLEADO
Se alguén se atreve pode facer os debuxos da secuencia do proceso en 3 ou 4 debuxos.
E, para os máis traballadores, podedes facer un calendario para ir anotando cambios, por exemplo coma este:
DÍA 5.- SAÍU RAÍZ
DÍA9.-SAÍU TALO
DÍA 15.- SAÍRON FOLLAS
Despois contaremos os días que pasaron de cada vez, e todos os días xuntos. Pódense escribir tamén, e, os máis osados, facer sumas dos diferentes tramos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!