Coa axuda do gran pintor JOAQUÍN SOROLLA imos practicar como deberemos "mirar" un cadro dun xeito máis consciente.
Primeiro imos ver un vídeo que nos fala da súa vida e obra.
Aquí temos un exemplo de como ser conscientes do que se ve e o que non se ve tan claro nun dos seus cadros "Paseo a orillas del mar". Podemos ver tamén o lugar onde traballaba.
A nosa proposta é que observedes os cadros que figuran máis abaixo e que, coa axuda dun adulto intentedes contestar a algunhas preguntas .
- QUE FIGURAS APARECEN NOS CADROS?
- CANTOS NENOS E NENAS HAI EN CADA UN?
- ONDE CREES QUE ESTÁN? POR QUE?
- CREES QUE VAI CALOR OU FRIO? POR QUE?
- CHOVE OU VAI SOL? POR QUE?
- COMO VAN VESTIDOS?
- TI VAS ASÍ Á PRAIA?
- PARECECHE QUE SON NENOS E NENAS DESTA ÉPOCA OU SON ANTIGOS?
- QUE LEVAN NA CABEZA? PARA QUE?
- TI QUE LEVAS NA CABEZA CANDO VAS A PRAIA?
- CON QUE XOGAN? E TI CON QUE XOGAS?
- TI LEVAS UN CABALO A PASEAR POLA AREA?
- POR QUE A SÚA PEL BRILLA TANTO?
- QUE CORES UTILIZOU PARA PINTALOS?
- INTENTA BUSCAR ALGUNHA SOMBRA NA AREA OU NA AUGA.
- CON QUE CREES QUE ESTÁN PINTADOS ESTES CADROS: ROTULADORES, CERAS, PINCELES?
Por último podes debuxarte ti coma se foras un neno ou nena de esa época. Pero se non che apetece deixamos aquí un debuxo para que pintes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!