Gustaríanos saber a vosa opinión sobre este tempo de confinamento/desescalada/nova normalidade na que fixemos "teledocencia".
Tentamos facelo o mellor posible: buscando actividades atractivas e variadas, tendo en conta as diferentes situacións familiares, primando sempre o benestar d@s nos@s alumn@s e valorando todas as opinións que algúns compartistes connosco.
De todos xeitos, de seguro que poderiamos telo feito mellor, sabedes que a situación foi repentina e houbo que adaptarse en pouco tempo e cos medios dispoñibles.
É por iso que nos encantaría que puiderades sentar 5 minutiños, para respostar esta pequena enquisa que temos preparado, e poder ter unha visión xeral en conxunto. É moi sinxela e totalmente anónima. Grazas pola vosa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!