martes, 16 de junio de 2020

PSICOMOTRICIDADE 12

PARA A ÚLTIMA PROPOSTA, SESIÓN DOBRE:

Hoxe imos facer un circuito, para facer este exercicio necesitaremos folios, saquiños de arroz ( podemos facelos con bolsas recheas de arroz), sillas, unha mesa…
Para a ambientación contarémoslles aos nenos/as que imos a explorar a selva e que temos que facer un circuito para lograr cruzala.
Imos colocar un banco sobre o que terán que pasar os nenos/as, lles contamos que é unha ponte colgante, e debemos gardar o equilibrio poñendo na cabeza os saquiños de arroz. Logo, terán que cruzar un río pasando por enriba dunhas pedras (que serán folios, papeis de periódico esparcidos polo chan sobre os que terán que saltar os nenos/as). Habrerán de pasar por debaixo dun túnel formado por sillas e ben agachadillos para que as arañas non vaian as súas cabezas. A continuación cruzarán un río onde hai cangrexos e terán que saltar a pata coxa. Por último entrarán nunha cova (formada por mesas onde imos a caminar en cuclillas), cando saian atoparanse cun obstáculo que deberán saltar (un coxín) e por fin chegaron ao seu destino.





Esta sesión vai adicada a expresión corporal, os únicos elementos que empregaremos será o propio corpo. Para motivar a actividade dirémoslle aos nenos/as que o noso corpo ten moitas posibilidades expresivas e que nos permite facer gran variedad de movementos, de imitacións, etc.
Imos xogar á Caixa Máxica , o desenvolvemto deste xogo consiste en que os nenos/as se poñen en cuclillas e tápanse a cabeza cós brazos, metendo a cabeza entre as pernas. Nós seremos os que daremos as indicacións, e debemos comenzar con a retahíla : “ Ábrese a caixa e aparecen… Motos” (por exemplo), entón os nenos/as deben imitar o obxecto, hasta que o adulto diga : “Péchase a caixa” e todos volven a súa posición inicial.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!