viernes, 29 de mayo de 2020
PROPOSTA PARA VENRES 29: ANIMALIÑOS DE PLASTI
jueves, 28 de mayo de 2020
PROFES CONTACONTOS: ALDAN 4
E agora que? Quen vai facer unha macedonia coma Aldan? Lembrade escribir os nomes das froitas que ides usar e tamén limpar e recoller todo cando remates!! Bo proveito!
PROPOSTA DE ARTE PARA XOVES 28: JOAN MIRÓ
Esta proposta ten como protagonista a JOAN MIRÓ autor de unha gran obra pictórica e escultórica.
Atrevédevos a recrear algunha das súas obras utilizando diferentes materiais: pintura, plastilina, rolos de cartón, papeis de cores, pinzas...
Para que vos sirva de inspiración aquí tedes exemplos de súa obra e algunha recreación.
Tamén un vídeo que esperamos que vos guste.
E, por suposto, compartide o traballo con nós.
miércoles, 27 de mayo de 2020
PROPOSTA PARA O MÉRCORES 27: EXPERIMENTAMOS COAS CORES
Apetécevos experimentar coas cores??
Acordádesvos que pasa se misturamos as cores??
Propoñémosvos dúas ideas para que provedes:
"A auga que camiña":
"O arco da vella que medra"
De seguro que o pasade moi ben experimentando coas cores, e se queredes compartilo con nós: eiwenceslao@gmail.com
Acordádesvos que pasa se misturamos as cores??
Propoñémosvos dúas ideas para que provedes:
"A auga que camiña":
"O arco da vella que medra"
De seguro que o pasade moi ben experimentando coas cores, e se queredes compartilo con nós: eiwenceslao@gmail.com
martes, 26 de mayo de 2020
RECOLLIDA MATERIAL ALUMNADO
Ao longo da videira semana o centro establecerá un horario para a RECOLLIDA DO MATERIAL DOS ALUMN@S QUE QUEDOU NAS AULAS ANTES DO CONFINAMENTO (traballos, mandilón, gorra,...). Os cadernos de traballo dos alumn@s de 3 e 4 anos quedarán na aula para traballar no vindeiro curso.
Tomando as medidas hixiénicas e de distanciamento social oportunas só se permitirá a entrada á aula de 1 persoa adulta para facer a recollida e só no horario preestablecido (enviarémovolo a cada un por mensaxe abalar ou correo).
No caso de non poder acudir pregamos nolo comuniquedes e agardamos poder establecer novos horarios, máis flexibles, a finais de xuño.
E, no caso de ter irmáns no centro en outro curso de infantil ou 1º e 2º de primaria, poderedes facer a recollida só nunha das aulas , xa se poñerán en contacto os titores correspondentes.
Os días establecidos son:
3 anos e 5 anos día 3 de xuño, mércores
4 anos día 4 de xuño, xoves
A hora exacta enviámola na mensaxe.
Grazas pola vosa comprensión.
Profesorado de educación infantil
PSICOMOTRICIDADE 9
- A carretilla
Facer a carretilla é un xogo sinxelo que soe gustar a todos. Podemos aproveitalo para que os brazos dos nenos/as tomen forza e melloren a psicomotricidade grosa. Para facelo máis divertido podemos incorporar un pequeno puzzle con pezas que se poidan coller fácilmente. O neno terá que tomar unha peza dende o lado da casa e facendo a carretilla hasta onde se atope a disposición do puzzle. Unha vez alí colocará a peza no lugar axeitado.
- Os bolos
Con este xogo popular os nenos/as traballan os brazos e as pernas no lanzamento. Ademais, aprenden a coordinar os movementos óculo-manual cá intención de acertar a tirar o maior número de bolos posibles. Podemos crear os nosos propios bolos caseiros ou ben con botellas de plástico, con rolos de papel de cociña que decoraremos, con pequenos botes de actimel… se lles introducimos un pouco de area ou arroz darémoslle maior estabilidade.
PROPOSTA PARA MARTES 26: MEDIMOS?
Hoxe propoñemos medir, pero non con centímetros.
Utilizaremos outras unidades de medida: o palmo, o pé, ...
Así que a medir o que vexades por diante: unha mesa, a cama, o pao da vasoira, a porta da lavadora, ...que máis?
Se apuntades nun papel as medidas podedes facer relacións entre obxectos: que mide igual que, que mide máis que, que mide menos que, ... ou sumas: canto miden xuntos 2 obxectos (pequenos, para que a cantidade sexa asequible, ou máis grandes para os maiores), ou restas: canto máis mide un obxecto ca outro ..., cal é o máis longo/curto ...
Enviades algunha foto?
Enviades algunha foto?
lunes, 25 de mayo de 2020
PROPOSTA PARA LUNS 25: CONCIENCIA FONOLÓXICA
Nesta nova proposta terás que fixarte ben como se le e se escribe cada palabra para saber cal corresponde o debuxo. Colorea o nome e o debuxo correspondente.
Hai 3 propostas, dúas máis sinxelas e a a terceira xa para expertos.
Que leades ben!
viernes, 22 de mayo de 2020
PROPOSTA PARA VENRES 22: UN POUCO DE RITMO
Dámoslle un pouco de ritmo a estes días na casa???
Propoñémosvos un par de retos musicais, que podedes adaptar, probar, inventar novos...
Non deixedes de compartilo connosco!! (eiwenceslao@gmail.com)
Propoñémosvos un par de retos musicais, que podedes adaptar, probar, inventar novos...
Non deixedes de compartilo connosco!! (eiwenceslao@gmail.com)
jueves, 21 de mayo de 2020
PROPOSTA PARA XOVES 21: INICIACIÓN Á PAPIROFLEXIA 3
A profe Teresa deixa un novo desafío:
De seguro que vos animades!
miércoles, 20 de mayo de 2020
PROPOSTA PARA MÉRCORES 20: É MAXIA!
Hoxe propoñemos 3 truquiños sinxelos para facer "maxia". Non deixan de ter unha base científica, así que podemos dicir que faremos ciencia máxica ou maxia científica. Se vos apetece podedes buscar e intentar outros. Que os desfrutedes.
martes, 19 de mayo de 2020
PROFES CONTACONTOS: "EL TOPO QUE QUERÍA SABER QUIEN LE HABÍA HECHO ESO EN SU CABEZA"
Hoxe a profe Paula cóntanos un conto: vai de cacas o tema... Adiviñades?
Sabemos que vos encanta, así que "repetimos a proposta"
Sabemos que vos encanta, así que "repetimos a proposta"
Etiquetas:
animación á lectura,
Traballo extra
PSICOMOTRICIDADE 8
Coordinación e equilibrio.
O xogo das pisadas é unha opción cá que os nenos/as
estimularán o seu equilibrio. Nesta sesión empregaremos unhas
cartulinas de cores para facer pisadas. Así, aprenderán conceptos
espaciais como esquerda e dereita, ao mesmo tempo melloran súa
coordinación e equilibrio.
Unha vez feitas as plantillas ímolas pegar no chan con un
pouco de fixo ou cinta adhesiva. Comenzamos un circuito de pouca
dificultade salteado alguna pisada para que teña que saltar ou dar
pasos grandes. Cando o neno/a supere esta proba podemos
combinar unha mesma liña de pés esquerdo e dereitos para
obrigarlles a cruzar as pernas.
PROPOSTA PARA O MARTES 19: XOGAMOS CON PINZAS DA ROUPA
Manipular pinzas das de colgar a roupa é un exercicio psicomotriz estupendo para tod@s @s nos@s alumn@s, axuda no exercicio de "pinza" dos dedos que tan importante é para axudar na prensión do obxecto de escritura.
Por eso proponemos hoxe xogar con elas, usalas para mover cousas dun lado a outro (por exemplo un pompón de unha caixa á unha botella) ou facer en cartón unha estrutura na que poder colocalas, a modo de debuxo:
ou traballando un pouco máis para asociar formas, cores, grafía do número coa cantidade, resolver sumas ou restas sinxelas, asociar minúsculas coa súa maiúscula,... (estas propostas van incrementando a dificultade dependendo das idades).
lunes, 18 de mayo de 2020
PROPOSTA PARA LUNS 18: POEMA "GALICIA XOGA"
Este poema pertence o libro " Poemas con piruleta" de Carlos Fontes.
Como actividade, a parte de pasalo ben, propoñémosvos que debuxedes nun folio o voso xogo favorito e lle poñades o nome para ver a que máis se xoga en Galicia. Podedes escribir tamén o título do poema.
Que rimedes ben!!
domingo, 17 de mayo de 2020
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Este ano, e debido a situación de pandemia, a celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS pospónse a principios do curso que ven.
Pero, aínda así, queremos recoradar hoxe á figura de RICARDO CARVALHO CALERO, homenaxeado este ano.
Deixamos aquí unhas cancións de "As pitas baixo a choiva" da " Banda das pitas", baseadas no relato de Carvalho Calero.
FELIZ DÍA DAS LETRAS pra tod@s!
Etiquetas:
Conmemoracións,
Letras Galegas,
Traballo extra
viernes, 15 de mayo de 2020
FELIZ DÍA DA FAMILIA 2020
PROFES CONTACONTOS: ADIVINA CUANTO TE QUIERO
UN CONTO CHEO DE AMOR PARA O DÍA DE HOXE:
Etiquetas:
animación á lectura,
Traballo extra
PROPOSTA PARA VENRES 15: MADALENAS EN FAMILIA
Xa que hoxe é o día internacional das familias queremos celebralo de xeito especial ... que tal facer unhas madalenas en familia? Será unha actividade similar a cando fixemos galletas (venres 27 de marzo ).
Deixamos aquí unha receita pero de seguro que tedes algunha outra ou podedes atopalas na rede.
Non esquezades medir, pesar, mirar, oler, tocar, probar ... os ingredientes; mirar os números e letras que precisamos para escribir a receita (alomenos dos ingredientes); secuenciar os pasos que imos dar para a elaboración (que facemos antes, despois, ..) e, sobre todo, participar activamente na realización e, por suposto, na degustación.
Así que bo proveito ...en familia!!
INGREDIENTES:
200 grs AZUCRE
270 grs FARIÑA (de repostería)
170 ml LEITE
170 ml ACEITE (xirasol)
2 OVOS
1 sobre LEVADURA
PREPARACIÓN:
1.- MOLER AZUCRE
2.- ENGADIR OVOS E REMEXER
3.- ENGADIR LEITE E ACEITE E REMEXER
4.- ENGADIR FARIÑA E LEVADURA E REMEXER TODO MOI BEN
5.- ENCHER MOLDES (a 3/4 partes) E METER NO FRIGORÍFICO A REPOUSAR
6.- ESPOLVOREAR AZÚCAR POR RIBA. METER AO FORNO (PREQUECIDO) A 180º UNS 20 MINUTOS
Pódese engadir rajadura de limón ou cacao en polvo para matizar o sabor.
Deixamos un modelo de plantilla para plasmar a receita.
Pódese engadir rajadura de limón ou cacao en polvo para matizar o sabor.
Deixamos un modelo de plantilla para plasmar a receita.
jueves, 14 de mayo de 2020
PROPOSTA PARA XOVES 14: XOGAMOS COA REALIDADE AUMENTADA???
Gústavos o mar?
Credes que podedes ter unha tartaruga nadando na vosa mesa??? Ou un tiburón no voso salón??
Non!?!?!
Pois ollade este vídeo:
Se vos apetece probar podedes descargar AQUÍ as imaxes para colorear e ver as instruccións para poder facelo.
A explorar o fondo mariño!!
Credes que podedes ter unha tartaruga nadando na vosa mesa??? Ou un tiburón no voso salón??
Non!?!?!
Pois ollade este vídeo:
Se vos apetece probar podedes descargar AQUÍ as imaxes para colorear e ver as instruccións para poder facelo.
A explorar o fondo mariño!!
miércoles, 13 de mayo de 2020
PROFES CONTA-CONTOS: "QUIERO UNA MAMÁ ROBOT"
Aquí deixamos un novo conto: "Quiero una mamá robot", de David Cali
Se vos apetece podedes debuxar a mamá robot ou o can robot .
Se vos apetece podedes debuxar a mamá robot ou o can robot .
Etiquetas:
animación á lectura,
Traballo extra
MÉRCORES 13 MAIO: DÍA DO NEN@ HOSPITALIZAD@
Compartimos esta bonita inciativa para lembrar a tod@s es@s nen@s que teñen que estar no hospital por diversas razóns.
Ánimo dende o Wenceslao!!
Ánimo dende o Wenceslao!!
PROPOSTA PARA MÉRCORES 13: DEBUXAMOS BICHIÑOS
Xa falamos hai días da chegada da primavera. Hoxe propoñemos un poemiña moi sinxeliño para que vos animedes a debuxar bichiños desta estación: bolboretas, xoañinas, abellas, formigas, saltóns, vagalumes ...cal máis?
Para axudar aos máis pequerrechos ahí van unhas mostras de como facelo, seguro que vos animades a máis:
Os bichiños enchen o blog!!! Que chuladas!!
Para axudar aos máis pequerrechos ahí van unhas mostras de como facelo, seguro que vos animades a máis:
Os bichiños enchen o blog!!! Que chuladas!!
martes, 12 de mayo de 2020
PSICOMOTRICIDADE 7
Aquí tedes outra proposta da profe Paula para facer un pouco de movemento.
SESIÓN DE PSICOMOTRICIDAD
1.- Hai que facer un percorrido por un
circuito inventado na casa. Podedes empregar calquera cousa que teñades por
casa e que se vos ocurra. Algunhas ideas poden ser:
- facer zig-zag entre botellas, latas ou
calquera outro obxecto parecido.
- pasar por encima e por debaixo de
sillas e mesas.
- facer algún tipo de túnel con sillas,
mesas e teas.
- saltar calquera tipo de obxecto que
teñades na casa.
- rodar facendo a croqueta polo chan.
- reptar como unha serpente.
- saltar tipo de vallas con algo de
altura con calquera tipo de obxecto.
- camiñar por encima de pequenos
obxectos que teñan calquera tipo de pequeña altura sen tocar o chan.
- pasar en zig-zag poñendo algúns
obxectos que teñades na casa para pasar entre eles, tipo botellas ou algo
parecido.
- facer equilibrio pasando por encima
dunha liña marcada no chan ou dalgunha altura pequena.
- calquera outra cousa que se vos ocurra
que teñades na casa.
Nas páxinas seguintes tedes algunas
fotos destas ideas e outras parecidas.
PROPOSTA PARA MARTES 12: FORMAS XEOMÉTRICAS
Comezaremos hoxe por buscar formas pola casa. Dende a máis sinxela ata outras máis complicadas. Animádevos a buscar, cantas máis mellor!
Para que teñades unha idea deixamos os mínimos que se traballan en cada un dos cursos de infantil ... pero xa sabedes que podedes probar con todas as que se vos ocorran.
3 anos.- círculo, cuadrado e triángulo
4 anos.- rectángulo, óvalo e rombo
5 anos.- ademais das anteriores pasarían xa ás 3 dimensión (esfera, cilindro, cono, prisma, ...)
Se vos animades podedes facer listas escribindo o nome de cada unha das cousas que ides atopando de cada, despois facer reconto, comprobar de qué forma atopastes máis obxectos, ....
E para rematar deixamos unha proposta de movemento: pegando no chan con cinta adhesiva diferentes formas podemos facer diversos circuítos para pisar por elas co que traballaremos a orientación e a lateralidade.
lunes, 11 de mayo de 2020
COMO MEDRAN ESTAS PLANTIÑAS!!
Durante estes días estamos a recibir moitas fotiños de como medran as vosas plantiñas!
Aquí tedes unha mostra:
Moitas grazas por compartilo con nós!!!
Aquí tedes unha mostra:
Moitas grazas por compartilo con nós!!!
PROPOSTA PARA LUNS 11: PALABRAS QUE RIMAN
Imos empezar a semana xogando con palabras que riman, que cando as dicimos soan igual ou parecido ao final.
Tedes varias opcións de traballo, elixe a que prefiras ou empeza polas máis sinxelas e a ver ata onde chegas. Esta vez as palabras todas están en castelán.
Que rimedes ben!!!
Despois podedes animarvos con outras palabras, buscarlles rimas, ou inventar palabras novas para facer que rimen, ... a xogar!
sábado, 9 de mayo de 2020
9 DE MAIO DÍA DE EUROPA
Hoxe celebramos o DÍA DE EUROPA.
Na páxina oficial da Unión Europea se nos dí que" las instituciones de la UE quieren rendir un homenaje a través de numerosas actividades online a los muchos europeos que, desde un espíritu de solidaridad, contribuyen a que nuestra Unión supere la crisis del coronavirus".
Dende o noso cole queremos unirnos tamén a esta celebración. GRAZAS A TOD@S!
viernes, 8 de mayo de 2020
O XOGO DA CARRASQUIÑA
A profe de música propón esta sinxela coreografía para aprender a bailar este baile, orixinario do sur de Galicia, quen se apunta?
canción con pictogramas
proposta de baile (pode haber outras)
canción con pictogramas
PROPOSTA PARA VENRES 8: ARTE E CREATIVIDADE
Sabemos que tod@s sodes muy creativos sempre que vos presentamos calquera proposta e estamos seguros que nesta ocasión superarédesvos.
Atrevédesvos a imitar algún cadro famoso?
Buscade unha obra que vos guste e intentade recreala na casa con elementos que teñades á man como poden ser disfraces, teas, ornamentos varios, ...
Buscade unha obra que vos guste e intentade recreala na casa con elementos que teñades á man como poden ser disfraces, teas, ornamentos varios, ...
Para que teñades algún exemplo aquí van as recreacións das profes de diferentes obras, podedes rir un pouco, nós tamén o fixemos:
Por suposto, podedes repetir algún destes, pero moito mellor se hai variedade.
Xa temos algunhas recreacións:
Xa temos algunhas recreacións:
jueves, 7 de mayo de 2020
PROPOSTA PARA XOVES 7: PINTAR CON SOMBRAS
Aproveitamos o sol para pasar un tempiño moi entretido??
Non podemos saír da casa pero iso non quere dicir que non podamos xogar co sol... (Ou cunha lámpada, se non quere asomar o solete... que estamos en Galicia!)
Animádesvos????
Podedes facer o que máis vos guste: construccións, animais, persoas... Aquí deixámos algunhas ideas:
Non deixedes de compartilo con nós se vos atepece!! (eiwenceslao@gmail.com)
Non podemos saír da casa pero iso non quere dicir que non podamos xogar co sol... (Ou cunha lámpada, se non quere asomar o solete... que estamos en Galicia!)
Animádesvos????
Podedes facer o que máis vos guste: construccións, animais, persoas... Aquí deixámos algunhas ideas:
Non deixedes de compartilo con nós se vos atepece!! (eiwenceslao@gmail.com)
miércoles, 6 de mayo de 2020
PROPOSTA PARA MÉRCORES 6: PESAMOS?
Hoxe toca pesar cousas ....con que?
Poderíamos facelo cunha báscula, pero tamén con unha balanza. Que non tedes unha á man? pois costruímola!
Precisamos basicamente unha percha. Pódese engadir cordas con recipientes (do mesmo peso) ou directamente colgar os obxectos.
Poderíamos facelo cunha báscula, pero tamén con unha balanza. Que non tedes unha á man? pois costruímola!
Precisamos basicamente unha percha. Pódese engadir cordas con recipientes (do mesmo peso) ou directamente colgar os obxectos.
Que cousa pesa máis/menos? E o máis difícil, cales pesan igual? ...como podemos sabelo?
Aquí tedes algún exemplos, daranvos unha idea:
martes, 5 de mayo de 2020
PSICOMOTRICIDADE 6
Hai uns días propuxemos unha actividade con calcetíns ...pois aquí van outras poucas de parte da profe Paula para que vos movades pola casa:
1.-Xogo: “ Os equilibristas”
Coller uns calcetíns e facer unha bola con eles. Hai que ir de un lado ao outro da casa pasando polas habitacións levando a bola de calcetíns en diferentes partes do corpo sen que caian ao chan. Se poden levar:
- na man
- nos ombreiros
- na espalda
- na barriga…
Despois facelo con dúas bolas de calcetíns. Unha bola de calcetíns nunha parte do corpo e outra bola noutra parte do corpo.
- unha na man e outra na cabeza
- unha debaixo do papo e outra no ombreiro…
2.- Coa bola de calcetíns hai que:
- lanzalos coas mans ao aire e recollelos sen que caian ao chan
- facer o mesmo lanzando e recollendo só cunha man e despois coa outra.
- lanzalos ao aire e recollelos sen que caian ao chan dando unha palmada mentras está no aire.
- lanzalos ao aire e facer o que se che ocurra mentras está no aire.
3.- Lanzar a bola de calcetíns para meter dentro dunha Caixa ou de calquera outra cousa parecida. Hai que lanzar a diferentes distancias, máis preto e máis lonxe. Hai que lanzar primeiro cunha man e despois con outra.
4.- Tumbarse cara arriba e relaxarse. Hai que coller a bola de calcetíns e poñela enriba da barriga. Respirando, collendo moito aire e botalo para ver como sube e baixa a bola de calcetíns encima da barriga cando estamos respirando. Repetir varias veces despaciño. Pódese poñer música tranquila, suave e relaxante de fondo.
PROFES CONTA-CONTOS: "MOMMY´S BEST KISSES"
A profe Lauren tamén quere compartir connosco un conto, seguro que vos gusta!
Etiquetas:
animación á lectura,
Inglés,
Traballo extra
PROPOSTA PARA MARTES 5: AS LETRAS FORMAN PALABRAS
Xa tod@s sabedes que coas letras podemos formar palabras, que vos parece se formamos unhas poucas?
A nosa proposta é compoñer as palabras con letras recortadas de revistas, xornais, folletos publicitarios, caixas de cereais, galletas... Se non tedes á man, ou vos falta algunha concreta, tamén as podedes escribir en papeliños pequenos, de diferentes tamaños, cores ou formas.
Para os máis peques moito máis doado se é só con maiúsculas. Tamén é máis doado se previamente temos recortadas unhas poucas e non temos que localizar cada unha das que imos precisando.
Unha primeira actividade pode ser agrupalas, xuntar as que son iguais (ao tempo imos dicindo o nome da letra, como soa, que forma ten, podemos acompañala dun xesto, ...)
Despois animádevos a formar diversas palabras: os máis pequenos podedes comezar polo voso nome, os nomes dos vosos familiares, d@s amig@s do cole aos que de seguro tedes ganas de volver a ver ou das cousas que se vos ocorran. Para axudar aos máis peques decide a palabra completa e despois dicide fonema a fonema (como soa cada letra) para localizar a letra que lle corresponde.
Os maiores podedes facer moitas palabras máis, posto que xa estades moi afeitos a traballar coas letras, palabras máis longas, máis complicadas, inventalas, ...
Podedes facelas e desfacelas, ou ir pegándoas nun papel, debuxando incluso o que é, contar as letras que leva cada unha delas, mirando cales son máis longas ou curtas, cantas letras se repiten, ...
Estas son as que fixemos nós ...quen son?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)