martes, 5 de mayo de 2020

PROPOSTA PARA MARTES 5: AS LETRAS FORMAN PALABRAS

Xa tod@s sabedes que coas letras podemos formar palabras, que vos parece se formamos unhas poucas?
A nosa proposta é compoñer as palabras con letras recortadas de revistas, xornais, folletos publicitarios, caixas de cereais, galletas... Se non tedes á man, ou vos falta algunha concreta, tamén as podedes escribir en papeliños pequenos, de diferentes tamaños, cores ou formas.
Para os máis peques moito máis doado se é só con maiúsculas. Tamén é máis doado se previamente temos recortadas unhas poucas e non temos que localizar cada unha das que imos precisando. 
Unha primeira actividade pode ser agrupalas, xuntar as que son iguais (ao tempo imos dicindo o nome da letra, como soa, que forma ten, podemos acompañala dun xesto, ...)



Despois animádevos a formar diversas palabras: os máis pequenos podedes comezar polo voso nome, os nomes dos vosos familiares, d@s amig@s do cole aos que de seguro tedes ganas de volver a ver ou das cousas que se vos ocorran. Para axudar aos máis peques decide a palabra completa e despois dicide fonema a fonema (como soa cada letra) para localizar a letra que lle corresponde.
Os maiores podedes facer moitas palabras máis, posto que xa estades moi afeitos a traballar coas letras, palabras máis longas, máis complicadas, inventalas, ...
Podedes facelas e desfacelas, ou ir pegándoas nun papel, debuxando incluso o que é, contar as letras que leva cada unha delas, mirando cales son máis longas ou curtas, cantas letras se repiten, ...
Estas son as que fixemos nós ...quen son?



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!