Hai uns días propuxemos unha actividade con calcetíns ...pois aquí van outras poucas de parte da profe Paula para que vos movades pola casa:
1.-Xogo: “ Os equilibristas”
Coller uns calcetíns e facer unha bola con eles. Hai que ir de un lado ao outro da casa pasando polas habitacións levando a bola de calcetíns en diferentes partes do corpo sen que caian ao chan. Se poden levar:
- na man
- nos ombreiros
- na espalda
- na barriga…
Despois facelo con dúas bolas de calcetíns. Unha bola de calcetíns nunha parte do corpo e outra bola noutra parte do corpo.
- unha na man e outra na cabeza
- unha debaixo do papo e outra no ombreiro…
2.- Coa bola de calcetíns hai que:
- lanzalos coas mans ao aire e recollelos sen que caian ao chan
- facer o mesmo lanzando e recollendo só cunha man e despois coa outra.
- lanzalos ao aire e recollelos sen que caian ao chan dando unha palmada mentras está no aire.
- lanzalos ao aire e facer o que se che ocurra mentras está no aire.
3.- Lanzar a bola de calcetíns para meter dentro dunha Caixa ou de calquera outra cousa parecida. Hai que lanzar a diferentes distancias, máis preto e máis lonxe. Hai que lanzar primeiro cunha man e despois con outra.
4.- Tumbarse cara arriba e relaxarse. Hai que coller a bola de calcetíns e poñela enriba da barriga. Respirando, collendo moito aire e botalo para ver como sube e baixa a bola de calcetíns encima da barriga cando estamos respirando. Repetir varias veces despaciño. Pódese poñer música tranquila, suave e relaxante de fondo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!