Ao longo da videira semana o centro establecerá un horario para a RECOLLIDA DO MATERIAL DOS ALUMN@S QUE QUEDOU NAS AULAS ANTES DO CONFINAMENTO (traballos, mandilón, gorra,...). Os cadernos de traballo dos alumn@s de 3 e 4 anos quedarán na aula para traballar no vindeiro curso.
Tomando as medidas hixiénicas e de distanciamento social oportunas só se permitirá a entrada á aula de 1 persoa adulta para facer a recollida e só no horario preestablecido (enviarémovolo a cada un por mensaxe abalar ou correo).
No caso de non poder acudir pregamos nolo comuniquedes e agardamos poder establecer novos horarios, máis flexibles, a finais de xuño.
E, no caso de ter irmáns no centro en outro curso de infantil ou 1º e 2º de primaria, poderedes facer a recollida só nunha das aulas , xa se poñerán en contacto os titores correspondentes.
Os días establecidos son:
3 anos e 5 anos día 3 de xuño, mércores
4 anos día 4 de xuño, xoves
A hora exacta enviámola na mensaxe.
Grazas pola vosa comprensión.
Profesorado de educación infantil
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!