martes, 26 de mayo de 2020

PROPOSTA PARA MARTES 26: MEDIMOS?

Hoxe propoñemos medir, pero non con centímetros.
Utilizaremos outras unidades de medida: o palmo, o pé, ...
Así que a medir o que vexades por diante: unha mesa, a cama, o pao da vasoira, a porta da lavadora, ...que máis? 
Se apuntades nun papel as medidas podedes facer relacións entre obxectos: que mide igual que, que mide máis que, que mide menos que, ... ou sumas: canto miden xuntos 2 obxectos (pequenos, para que a cantidade sexa asequible, ou máis grandes para os maiores), ou restas: canto máis mide un obxecto ca outro ..., cal é o máis longo/curto ...
Enviades algunha foto? 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!