viernes, 15 de mayo de 2020

PROPOSTA PARA VENRES 15: MADALENAS EN FAMILIA


Xa que hoxe é o día internacional das familias queremos celebralo de xeito especial ... que tal facer unhas madalenas en familia? Será unha actividade similar a cando fixemos galletas (venres 27 de marzo ).
Deixamos aquí unha receita pero de seguro que tedes algunha outra ou podedes atopalas na rede.
Non esquezades medir, pesar, mirar, oler, tocar, probar ... os ingredientes; mirar os números e letras que precisamos para escribir a receita (alomenos dos ingredientes); secuenciar os pasos que imos dar para a elaboración (que facemos antes, despois, ..) e, sobre todo, participar activamente na realización e, por suposto, na degustación. 
Así que bo proveito ...en familia!!

INGREDIENTES:
200 grs AZUCRE
270 grs FARIÑA (de repostería)
170 ml LEITE 
170 ml ACEITE (xirasol)
2 OVOS
1 sobre LEVADURA

PREPARACIÓN:
1.- MOLER AZUCRE
2.- ENGADIR OVOS E REMEXER
3.- ENGADIR LEITE E ACEITE E REMEXER 
4.- ENGADIR FARIÑA E LEVADURA E REMEXER TODO MOI BEN
5.- ENCHER MOLDES (a 3/4 partes) E METER NO FRIGORÍFICO A REPOUSAR
6.- ESPOLVOREAR AZÚCAR POR RIBA. METER AO FORNO (PREQUECIDO) A 180º UNS 20 MINUTOS

Pódese engadir rajadura de limón ou cacao en polvo para matizar o sabor.
Deixamos un modelo de plantilla para plasmar a receita.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Que che pareceu esta entrada??

Gustaríanos moito que o compartas con nos!!

Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.

Anímate a comentar!!