Comezaremos hoxe por buscar formas pola casa. Dende a máis sinxela ata outras máis complicadas. Animádevos a buscar, cantas máis mellor!
Para que teñades unha idea deixamos os mínimos que se traballan en cada un dos cursos de infantil ... pero xa sabedes que podedes probar con todas as que se vos ocorran.
3 anos.- círculo, cuadrado e triángulo
4 anos.- rectángulo, óvalo e rombo
5 anos.- ademais das anteriores pasarían xa ás 3 dimensión (esfera, cilindro, cono, prisma, ...)
Se vos animades podedes facer listas escribindo o nome de cada unha das cousas que ides atopando de cada, despois facer reconto, comprobar de qué forma atopastes máis obxectos, ....
E para rematar deixamos unha proposta de movemento: pegando no chan con cinta adhesiva diferentes formas podemos facer diversos circuítos para pisar por elas co que traballaremos a orientación e a lateralidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Que che pareceu esta entrada??
Gustaríanos moito que o compartas con nos!!
Lembra IDENTIFICARTE para poder incluir o teu comentario.
Anímate a comentar!!